Eliminado un punto de vertedura de augas residuais en Santiago

Encontrábase na parroquia de Laraño

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2023 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertedura de augas residuais urbanas sen depurar cara ao dominio público, na parroquia de Laraño, no concello de Santiago de Compostela.

Tal e como trasladou a Xunta, este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, de control e seguimento dos puntos de vertedura nos municipios da demarcación hidrográfica Galicia-Costa.

Así, os técnicos da administración autonómica identificaron a orixe do punto de vertedura na rotura dunha tubaxe da rede municipal que alimentaba unha fosa séptica no lugar de Larañiño. Ante a deficiencia observada, comunicaron ao Concello a necesidade de adoptar as actuacións oportunas co obxectivo de emendar ese foco.

Posteriormente, nunha recente inspección á zona, os técnicos de Augas de Galicia confirmaron que as actuacións executadas pola administración local, co selado da rotura da tubaxe, permitiron a emenda da vertedura.

Verteduras de augas residuais ao río Tea
Verteduras de augas residuais ao río Tea

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta