Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2023 | Actualizada ás 18:49
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, aproveitou este sábado para practicar unha das súas actividades preferidas e subiuse á bicicleta para percorrer 105 quilómetros, entre Viana do Castelo e Briallos.
"Aínda que pareza mentira, non hai mellor maneira de recuperar alento que subido na bici", tuiteou a conta oficial do tamén presidente do PP galego, en vésperas do encontro deste domingo ao que asistirá o presidente nacional, Alberto Núñez Feijóo, nun acto de precampaña para as xerais do 23 de xullo.
Nesta mesma mensaxe da súa conta oficial de Twitter, o mandatario galego avisa de que "quedan semanas intensas por diante". "Pero o camiño vai merecer a pena. Seguimos!", sentencia a mensaxe, acompañado de varias fotografías do seu percorrido ciclista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.