CxG denuncia "a estafa que foi Ourense en Común"

Compromiso por Galicia chama "salvapatrias" aos membros da marea ourensá debido á enorme lea polos resultados das primarias abertas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 01/04/2015 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

A maruxía polas primarias da 'marea' ourensá aumenta dia a día. Compromiso por Galicia (CxG), acusado previamente por outros grupos da candidatura de carretaxe de votos, cualifica a Ourense en Común de "estafa". E faino en pasado, evidenciando a súa total ruptura co proxecto.

Pérez Bouza
Pérez Bouza

Nunha comparecencia pública esta mañá en Ourense, os galeguistas negaron primeiro que deran o seu apoio explícito a plataforma. Jonathan Domínguez, Coordinador comarcal de CxG en Ourense afirmou que “Compromiso por Galicia nunca manifestou o seu apoio formal e explícito a Ourense en Común, senón o que a asemblea da localidade decidiu no mes de febreiro, constatado en actas, foi non presentarse coa propia marca aos comicios do 24M”. Ademais, CxG insiste en que eles non petaron na porta da marea, senón que foron os activistas os que os animaron a universe a Ourense en Común. 

Sobre a polémica xornada de votación, Xosé Manuel Pérez Bouza, Coordinador territorial de CxG, fixo fincapé en que “durante a xornada electoral e durante o escrutinio, cando Miguel Doval ía por diante en votos, non se dixo que había sospeitas de carretaxe, nin tampouco se falou de plantillas nin de resultados ilexítimos, senón que foi unha vez coñecido o resultado cando se empezaron a verter acusacións falsas e desleais contra as persoas e contra as organizacións, o cal é unha tremenda falta de respeto”.

Xosé Mosquera, líder de CxG en Ourense, gañoulle as votacións no  proceso de primarias abertas no que o outro aspirante a cabeza cartel, Miguel Doval, por 435 votos fronte a 405 obtidos. A participación, aberta aos non empadronados na capital, foi enorme para este tipo de comicios, con máis de 1.500 sufraxios despositados en urnas.

 

O resultado tan axustado causou unha fractura case inmediato no proxecto coalición. Parte do equipo de Doval, un activista de 63 anos leva tres décadas participando activamente no movemento sociocultural e veciñal desta cidade e que non milita en ningún partido, non aceptou o reconto e acusou a CxG de ter “carretado” a xente de fóra da cidade para participar no proceso. Tras un periodo de negociacións, esta tese impúxose na Asemblea e o resultado foi invalidado, constatándose tamén a imposibilidae de organizar outras primarias con garantías debido a proximidade dos comicios.  

 

Onte a plataforma denunciou nun comunicado "posibles transgresións do Código Ético e dos principios e obxectivos de Ourense en Común" e anunciou un novo proceso de votación entre os asinantes do manifesto da plataforma. Os seus voceiros explicaron o novo procedemento e as razóns para o cambio nunha rolda de prensa que recolleron neste vídeo:

 

Outro dos partidos que apoiaba á 'marea', Podemos, anunciou ante isto que retiraba o seu apoio formal á plataforma, pois o partido morado puxo como condición innegociábel que o candidato saira dunhas primarias abertas. Podemos, iso si, e a diferencia de Compromiso, aínda ve a Ourense en Común como a única ferramenta única cara as eleccións municipais.

 

Compromiso volveu a negar hoxe as acusacións de carretaxe e insistiu na "honrradez" da súa militancia. O seu comunicado é demoledor cos seus ex-compañeiros na 'marea'. "Compromiso por Galicia é totalmente contraria á vella política e ás súas manifestacións pero tamén é contraria a aqueles movementos que surxen como "salvapatrias" e que realmente acaban practicando vellas formas, como é o caso de Ourense en Común, que estipulou unha regras de xogo e agora as discute porque non houbo un resultado acorde cos seus desexos", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

14 anti-comunista expañol

video da farsa - https://www.youtube.com/watch?v=2vu... - chamanlle democracia e non no é, non no é, xa soamente quedaron os de la nueva e os izquierdo unidosos, duas asociacions de malfeitores vidas a menos na Galiza, CxG fixo xanchullo, fixo acarreo, fixo plantillas, outros tamen o fixeron en la nueva, CxG e de dereitas, pero acaso que creedes que son los de la nueva son tamen de dereitas pero con moitos mais imputados, e menos mal ca garda civil non entra na finca da reborianas do vello -vieiras e se incauta dos psicofarmacos! o que pasa e que non se fian os de la nueva e os de izquierda unidosis, xa non esta o argamasa dos cartos de bankia, xa se ve o fin de izquierda unidista constitucional e monoarquica de expaña, non estaban os autenticos responsables da desfeita deixan os pailans que decidan sobre nada pero xa decidiran eles os da directiva de la nueva de izquierda unidosis quen vai e quen non, e con garantia de corruPPtibilidade absoluta para os partidos concurrentes

13 Antón

O alcalde da Peroxa foi votar para rirse de todos e por en evidencia as poucas luces dos que fixeron o regulamento. Logo gañou Mosquera pq a xente de Compromiso ten máis implantación que o resto en Ourense. Así de claro. As acusacións de carretaxe son, ademais de hipócritas, dun elitismo rancio insoportable. Os amigos de Compromiso nunca deberon participar dun proceso onde hai xente dun perfil marxinal e fundamentalista. Por dignidade Mosquera, que gañou dúas primarias e fixo o que tiña que facer, debe presentarse como candidato de Compromiso en solitario. Ourense en Comùn está morto.

1 comunista independentista

Despois de quedar por debaixo dos 10.000 votos nas europeas, os de CxG non estades en disposición de lle chamar marxinal a ninguén.

2 Xanti

Entón para que carallo invitastes a CxG a entrar? Para que fixera de pail@n? O que pasou e que xogaron as mesmas cartas que vós, carretaron como fixeron as da Anova (iso é algo que varias persoas explican na xa famosa asemblea, inda que os amigos d'Anova comezan a facer un ruxe ruxe), pero que pasou, que xogando as mesmas cartas resulta que tiñan mais implantación ca vós. Se se aprobou o regulamento no que podía votar xente de fora, foi porque nesa asemblea hai xente que é de fora de Ourense, deixémonos de terxiversar e de botar merd@. Pero tranquis, que xa quedades os de AGE aí comandando o cotarro. A ver cántos votos sacades por ir de guais.

12 Comunista

As formas de CxG (ex-PPepeir@s e ex-BNGueir@s do pior) son caciquís e predemocráticas, restos dun sistema caduco. Non pintan nada en OuC e se tivesen vergoña ficarían caladiñ@s no lugar de dar leccións de "democracia". Insultos de trolls a soldo do BnG/CxG, aquí abaixo: --->

11 SENADOR ROMULANO CXG

marea da coruña 600 votantes, marea de ourese 1.500 votantes - coruña 260.000 persoas - ourense 100.000 persoas... deixen de enganar non e cxg eles son us tontos utiles do age o mellor dito de la nueva de -vieiras... e a su vez os tontos que querian facer tontos os de pofreiros expañolentos... foi un escandalo o que pasou ise foi o comportamento democratico de cxg, anda xa idevos para o carallo CACIQUES- GOLPISTAS -EXPAÑOLENTOS E DEREITISTAS DA BURGUESIA, o imputados de ourense de la nueva siguen rañando a sua desventura... estan acochambados co dereitismo co peperolo o señor ese o xose leva 20 anos vivindo do conto na deputación profesor emerito de dereito cosntitucional amigo da monoarquia que fixo teses pola monoarquia de juanmonigote 1º

10 alcalde da peroxa PP

Temos uns principio, se gañan os nosos chachi piruli, se non gañan os nosos inda que sexa legalmente chipamos con todo. Se aceptades que CxG entre en OUC despois non vos queixedes que estean convosco e sobre todo se gañan (o que pasou é que minusvalorastedes a súa implantación). Esta asemblea é dun infantilismo flipante. Ao final vai quedar AGE e catro amigos mais. Votou o alcalde da peroxa e oito persoas mais a cxg, votaron xentes de macenda a cxg, votou xente da deputación pp a cxg ...

1 SiOhSi

É vox populi que o alcalde pepeiro da Peroxa foi levado a votar por amigos próximos a Anova, pero leva a culpa CxG. Menudo circo