Os condutores do tren ás termas aseguran que en máis dunha ocasión tense quedado sen freos

O BNG de Ourense pediu ao alcalde da cidade, Gonzálo Pérez Jácome, que reciba aos representantes do comité de empresa do transporte urbano para escoitar "de viva voz" as súas "xustas demandas".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/08/2023 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

O BNG de Ourense pediu ao alcalde da cidade, Gonzálo Pérez Jácome, que reciba aos representantes do comité de empresa do transporte urbano para escoitar "de viva voz" as súas "xustas demandas", sobre todo dos condutores do tren ás termas.

Nun comunicado, os nacionalistas reivindicaron que estas solicitudes dos empregados non só afectan as condicións laborais nas que están a desenvolver o seu traballo, senón que tamén afectan á súa propia seguridade e á das persoas que transportan.

O Bloque asegurou que nos últimos días representantes do comité de empresa dos transportes urbanos deron a voz de alarma sobre a situación "lamentable" na que están a prestar o servizo ás termas.

"Á carencia absoluta das mínimas condicións laborais nas que prestan o servizo, con clara afectación para a saúde, súmase outra importantísima que ten que ver coa falta de seguridade na prestación do mesmo", engadiu o BNG.

"O peor non é que as persoas que viaxan no tren das termas se teñan que baixar para que o tren poida subir unha costa. O verdadeiramente grave, segundo relatan os propios condutores, é que en máis dunha ocasión o tren tense quedado sen freos", criticou o Bloque.

Así, os nacionalistas ourensáns lamentaron o "deixamento" do Concello e pediron a Jácome que actúe con celeridade e que dea solución ás súas demandas.

Termas en Ourense
Termas en Ourense | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta