Rexistrados case 6.000 raios sobre Galicia durante as últimas horas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2023 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

As treboadas que manteñen en aviso amarelo durante este sábado a toda Galicia provocaron case 6.000 raios caídos sobre territorio galego nas últimas horas.

Os medidores de Meteogalicia captaron desde as 22,00 horas do venres ata primeira hora desta mañá máis de 10.000 raios, dos que 5.800 caeron en terra.

Ademais do aparello eléctrico, as treboadas deixaron ao seu paso fortes precipitacións, en moitos casos, concentradas nun período curto de tempo.

O maior de rexistro de acumulación de choiva foi na Fonsagrada, onde se recolleron 33,2 litros por metro cadrado durante a joranda do venres.

Os municipios ourensáns de Pazos de Borbén, Muíños ou a propia capital provincial tamén foron algúns dos puntos máis chuviosos con acumulacións por encima dos 25 litros por m2.

TORRE DE HÉRCULES

A treboada que azoutou a cidade da Coruña durante a noite do venres provocou o fundido do faro da Torre de Hércules, segundo informou o CIAE 112 Galicia.


Ocorreu ao redor das 22,15 horas pola caída dun raio na zona onde se sitúa o monumento patrimonio da humanidade, que quedou ás escuras durante a noite.

Tras recibir o aviso dun particular, a central do 112 trasladou o ocorrido a Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia e axentes da Policía Local.

Lóstregos e raios
Lóstregos e raios | Fonte: Arquivo - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta