Bescansa: “Feijóo sabe que está preto do abismo”

Os supostos insultos de Pablo Iglesias aos galegos, os hipotéticos pactos do PSdeG coas mareas a nivel local ou a situación das negociacións con Susana Díaz. Carolina Bencasa, a compostelana secretaria de Análise Político de Podemos, non esquiva ningunha pregunta nesta entrevista con GC. Na súa opinión, as acusacións desta semana do presidente da Xunta contra Iglesias son produto do medo ao cambio, postura reaccionaria que tamén percibe nos grandes medios de comunicación.

Por Manuel Vilas | Santiago | 16/05/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Carolina Bescansa Hernández (Santiago de Compostela, 1971) está en Podemos dende a súa fundación. De feito, é unha das tres persoas que rexistrou o partido que ameaza con pórlle fin ao bipartidismo. Coma Pablo Iglesias, é profesora da Facultade de Políticas da Universidade Complutense en Madrid. Na actualidade é responsábel de Análise Político da formación morada, é dicir, de definir as súas liñas estratéxicas, entre elas os posíbeis pactos postelectorais tras a campaña do 24M na que está volcada. A muller que máis votos sumou nas primarias deste partido tamén é , sobre todo dende a marcha de Juan Carlos Monedero, unha das caras públicas máis frecuentes de Podemos.

Carolina Bencansa
Carolina Bencansa

Podemos adoptou a decisión estratéxica de non se presentar coa súa marca electoral aos comicios locais e autonómicos. Que balance fan até o de agora da decisión de non presentarse como a súa marca?

A valoración é positiva, como mostran que as boas expectativas das iniciativas populares que se presentan nos concellos de Galicia. Cando fas alianzas reais, que son previas aos cálculos electorais dos comicios, e a xente percibe posibilidades reais de cambiar ao funcionamento das institucións, as posibilidades dispáranse.  Un exemplo son, por exemplo, os resultados que se agardan para estas candidaturas na Coruña e Santiago.

Si, os resultados das enquisas na Coruña e Compostela apuntan a positivos para a Marea Atlántica e Compostela Aberta, pero para que se produza un cambio real cómpre gobernar; e para gobernar as mesmas enquisas indican que as mareas terían que pactar co PSdeG. Que opina Podemos de posíbeis pactos cos socialistas galegos? 

En Podemos temos unhas ideas moi claras. Os pactos non se fan cos partidos, fanse coa xente e coa cidadanía. Fanse en base aos programas que presentas as eleccións, cando redactas un programa estás facendo un pacto cos votantes.

Pero isto a nivel local como se concreta?

A nivel local cada marea ten o seu propio punto de vista. A nivel autonómico, en Podemos será a xente quen decida en referendum con quen quere os pactos. 

Incluído o PSOE ...

Nós non temos problemas por pactar con alguén se dá un xiro de 180 graos a súa política. Sabemos que para construír o cambio cómpre unha maioría social mo grande, maioría social que xa hai na rúa pero que non nas institucións. Nós estamos dispostos a falar con todos, pero sobre puntos concretos. 

Eses puntos concretos a nivel local, cales deben ser?

Nós non concorremos as eleccións municipais como Podemos, e non temos capacidade de dirixir os criterios de cada plataforma a  nivel local, nin queremos.  Pero por exemplo en Andalucía estamos a demandar tres puntos de partidas básicos. En primeiro lugar, a saída dos corruptos dos ámbitos de representación, nomeadamente Griñán e Chaves. O segundo requisito ten que ver con que a administración da Junta deixe de contratar con bancos que incumpren as normas da Unión Europea sobre os desafiuzamentos. E por último, unha moderación dos gastos gobernamentais en cargos de libre de designación, e que este diñeiro que se aforra sexa destinado aos servizos públicos, en concreto a sanidade e educación. En definitiva, nós non temos postura nos concellos, si temos uns criterios claros, que teñen que ver coa volta da transaparencia e da democracia.  

Fala de Andalucía. Susana Díaz xa fala abertamente de convocar eleccións en setembro, prexudicaría unhas novas eleccións a Podemos?

O primeiro que ten que facer a presidenta da Junta é explicar porque non está disposta a deixar de concretar cos bancos que desafiuzan á xente. É algo moi simple, de sentido común, non se pode entender que non estea disposta a facelo. Hai moitos bancos para contratar, a súa postura actual non ten explicación.

Daquela Podemos non vai facer ningún movemento. A pelota está ...

No seu tellado sen dúbida.

Volvendo a Galicia. A Marea Atlántica colleitou un éxito de público o martes e Feijóo reaccionou as palabras de Pablo Iglesias, acusando aos gobernantes galegos de corruptos e amigos de narcos, dicindo que Podemos insulta aos galegos por dicir que este pobo permite que o goberne o peor...

Sucede que os voceiros dos vellos partidos están chegando a un novo punto no que xa se ven preto do abismo. Por iso reaccionan de xeito tan virulento, teñen medo a que se poida modificar o 'status quo'. Polo tanto, como Feijóo sabe que está moi preto do abismo que para eles supón a perda do poder institucional, adopta unha postura moi reaccionaría dende o poder. 

Reaccionaria tamén foi a liña editorial da maioría dos grandes medios ante o ascenso de Podemos nas enquisas. Como se viviu a ofensiva mediática dentro da súa formación?

Por un lado era previsible que, se chegabamos a alcanzar unha posición de competividade, de estarmos capacitados de gañar as eleccións, o poder reaccionaría con todos os seus dispositivos contra nós, incluídos os medios. Até certo punto era lóxico e previsíbel. Agora ben, a nivel persoal non é agradábel nin doado de levar. 

Pablo Iglesias e Podemos son obxecto de discusión diaria en moitísimos fogares. Aínda así, moitos cidadáns que non siguen a política de preto continúan sen coñecer moitos dos puntos concretos do seu programa. Por exemplo, no modelo de organización do Estado. Que propón Podemos? 

O noso  é un modelo de estado democrático. O noso país hai moitos anos que ven funcionando dun xeito non democratico a motísimos niveis. Por iso reclamamos un novo proceso constituínte, unha nova Constitución que poida votar toda a sociedade, que é a mellor formada de toda a nosa historia, con tempo dabono para discutir que modelo político, económico e de organización territorial queremos. A nosa postura é a democracia e reapertura do debate constituínte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 lenin

Si llevais a termino alianzas con la casta socialista, estais politicamente acabados

6 Rayleigh

Casta, casta...sabedes? Para min existe a casta e a caspa. A Caspa son os do PPSOEIU. E a casta son xente coma esta señora, que vai de alternativa pero entrou (xa sabemos coma funciona o tema na ensinanza universitaria: nepotismo e enchufismo están a orde do día. E máis, nas carreiras de pinta e colorea coma "Políticas") na universidade a saber como. A verdade é que seguramente non se diferencia moito de Rajoy: un postiño grazas á familia. Ademais, que queredes: está señora é moi sosa. Non ten sangue. E tendo en conta que vive nunha burbulla (universitaria) pois fala de oídas. Encantame ver a algúns foreiros que comezan a sacar as árbores xenealóxicas de todos os que non lles gostan e con esta señora, case a desculpan por nacer onde non debía...Si si. Coherencia a tope!

5 Toural

A familia Bescansa non é casta? Non, é o prototipo da máis rancia burguesía compostelana. Carolina, non te burles da xente.

1 DigoEu

¿Carolina Bescansa é acaso culpable de que a súa familia sexa da "máis rancia burguesía compostelana? ¿Ou non terá máis ben o MÉRITO de a pesar diso estar en posición políticas de defensa das capas sociais máis desfavorecidas e en xeral de todas as que non son a minoría oligárquica que ten o poder real? E todo isto dando por bo e certo o que ti dis sobre a orixe familiar de Carolina. Unha persoa non é os seus país nin a súa familia.

4 galegoexiliado

A esperanza trocada en desilusión. DEMÓCRATAS: aquí faise o que eu mando. DIALOGANTES: non dudamos en pactar si fan o que nos mandamos e dan un xiro de 180 grados. Chulería e prepotencia que acabarán como Rosadíez no caixón do olvido. Mágoa, crearon ilusión, pero no fondo uns fillos de papá xogando a políticos salvapatrias.

3 Ana

¿Cal é a diferenza entre Podemos é o PPSOE?. Mentras non falen abertamente de Republica, proceso contituyente, separacion de poderes (con eleccions por separado o executivo,lexislativo e xudicial), revocacion de cargos electos que incumplan co pobo, renda basica, saida do euro, Non o pago da debeda ilexitima... aqui non hai ningun cambio, hai mais do mesmo. So cambian as siglas para que todo siga igual.