A Xunta critica a gratuidade dos libros do texto do bipartito: "Non funcionou ben"

Defende o bono deportivo anunciado esta semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2023 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu a medida dun bono deportivo para escolares federados que se incluirá nos Orzamentos para 2024 e que terá carácter universal, fronte ás críticas que recibiu por parte da oposición, que lle afea que no seu día o PP retirase a gratuidade nos libros de texto que implantara o anterior Goberno en coalición de PSdeG e BNG.

A preguntas dos medios, esgrimiu que se trata de "cuestións diferentes". "Houbo un bono de universalidade que non era tal. Era un sistema que non funcionou ben e nós optamos por outro que está a funcionar ben", reivindicou.

"Cremos que son sistemas compatibles e non contraditorios", agregou, para engadir que, á marxe das críticas da oposición de acordo "co seu dereito e a súa rutina", o bono de 120 euros que anunciou esta mesma semana tivo unha "boa acollida" da que se alegra. "Tivo unha magnífica acollida das familias e do sector deportivo. É unha medida coa que acertamos e que, por suposto, imos executar", resolveu.

Libros de texto de Educación primaria.. EUROPA PRESS - Arquivo
Libros de texto de Educación primaria.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta