Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2023 | Actualizada ás 17:00
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou este xoves que a súa intención, fronte á "parálise" do Executivo central, é a de "seguir gobernando". Ademais, apuntou que ten proxectos que desexaría sacar adiante e que prevé "executar".
En declaracións aos medios tras presidir a reunión semanal do seu Executivo, rexeitou dicir que "si" ou que "non" vai anticipar as galegas que tocan o verán próximo, ao entender que é mellor reafirmar a súa postura por outra vía: "Estamos agora planificando o que queremos facer, vai haber un Debate sobre o Estado da Autonomía e facendo uns orzamentos que presentaremos".
"Fronte á parálise estatal, en Galicia gobérnase e ímolo a seguir facendo", proclamou o tamén líder do PPdeG. A "mellor conclusión" á pregunta formulada, agregou, é que o seu Executivo "goberna" que é "o que a xente pide". "E que temos proxectos por diante que queremos executar", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.