Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2023 | Actualizada ás 13:34
O municipio coruñés de Ribeira foi escenario dun acto vandálico na madrugada deste domingo cando apareceron máis de 40 coches raiados.
Segundo informaron fontes policiais a Europa Press, os vehículos estaban estacionados no aparcadoiro de Agustín Fernández Oujo e na rúa Cordieiro e sufriron desfeitas tanto na carrozaría como nas lúas.
Ata o momento, segundo indicaron as mesmas fontes, varias persoas xa denunciaron os feitos. As dilixencias instrúeas a Policía Nacional"
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.