O BNG dá por bos os resultados

A Executiva remite un escrito aos militantes nos que destaca que os resultados “superan os obxectivos cuantificados fixados polo Consello Nacional” e que serán "decisivos" en tres deputacións. Con todo, recoñecen dificultades no entorno urbano.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 26/05/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Os resultados obtidos superan, no fundamental, os obxectivos cuantitativos fixados polo Consello Nacional na súa reunión do 14 de marzo de 2015, en que, por unanimidade, acordaba tomar como referencia, para a súa mellora, os resultados das eleccións ao Parlamento da Galiza de 2012 (145.389 votos e unha porcentaxe do 10,16%), por marcar os ciclos políticos no noso país, e ser -o das autonómicas- o proceso electoral en que tradicionalmente o BNG obtén os mellores resultados”.

Executiva do BNG
Executiva do BNG | Fonte: bng-galiza.org

Esta é unha das explicacións que a Executiva Nacional do BNG lle remitiu aos seus militantes nunha circular á que tivo acceso Galicia Confidencial e que consta de sete puntos. Así, neste comunicado,  a dirección nacionalistas destaca que o proceso electoral “confirma que o pobo galego existe, tamén cun mapa político específico, e cunha expresión política propia: o BNG-Asembleas Abertas”.

Deste xeito, suliña que o nacionalismo galego segue sendo “un axente político significativo e imprescindíbel na Galiza”. “É o único elemento que permite confirmar a existencia dun mapa político propio, galego e diferenciado fronte ao resto do Estado”, asegura.

O BNG-Asembleas Abertas obtivo 189.106 votos e un total de 468 concelleiras e concelleiros, cunha porcentaxe do 12'9%. Uns datos inferiores aos obtidos hai catro anos pero que garante tamén a súa presenza nas catro deputacións provinciais. “En tres delas de xeito decisivo”, indica sobre as deputacións de Lugo, Pontevedra e A Coruña, onde podería co-gobernar. 

Por iso, avanza que a posición de voto na conformación das novas corporacións locais “será contrastada colectivamente, contando cos criterios local, comarcal e nacional, sen pactos nacionais mecánicos ou a calquera prezo, como ten previamente avaliado o Consello Nacional”.

“Con estes resultados, o BNG consolida posicións e recupera claramente o papel de terceira forza política no noso país”, recolle este escrito. Esta formación gañou alcaldías con maioría absoluta en 13 concellos (Allariz, Bueu, Castrelo de Miño, Ribadeo, Vimianzo, Zas, A Pobra de Brollón, Carballo, Carnota, Mazaricos, Moeche, San Sadurniño e Tomiño) e tivo alcaldías con maioría en Pontevedra, Poio, Rianxo e Santiso. Tamén ten “probabilidade aritmética de obtención de alcaldías” en, cando menos, Moaña, As Neves, Barro, Ponteareas, Fene, Muras, Viana do Bolo, A Mezquita, Pontecesures e Baños de Molgas.

Sen embargo, os nacionalistas tamén recoñecen que os resultados, “sendo dignos, non son satisfactorios para nós”, especialmente, polo resultado das grandes cidades, agás Pontevedra. “Aínda tendo presente o feito de as cidades representar o 35% do censo electoral -existindo por tanto outro 65% da poboación que habita noutros concellos- somos conscientes da súa importancia cualitativa. Lamentamos, en concreto, a perda de representación en Vigo e Ourense. Esta realidade confirma a necesidade de mellorarmos os métodos de traballo político, especialmente nos espazos urbanos”, apunta.

A Executiva nacionalista volve destacar, novamente, o traballo realizado pola súa militancia que foi, di, “clave” para “superar as limitacións dunha campaña en inferioridade de condicións a outras formacións que tiveron en algúns medios de comunicación bos valedores á hora de conformar tendencias de voto”.

“Finalmente, queremos trasladar unha mensaxe de ánimo e fortaleza. Fixemos unha campaña digna, de popularización da alternativa nacionalista para os concellos, nun contexto ben difícil, determinado pola preponderancia de dinámicas españolas á hora de condicionar o comportamento electoral do noso pobo. E todo isto coas nosas propias mans, coa forza da militancia e das mulleres e homes que acreditamos e defendemos unha Galiza soberana. Ese é o noso maior orgullo”, remata o escrito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 62 comentarios

18 observador

Se os resultados de ANova son bós, retendo 4 concellos que xa eran nacionalistas co BNG, e contando que como apoiaban a Podemos na Coruña e en Santiago resulta que os votos eran todos para eles... pois como non van ser bós os resultados do BNG. Ou Antón conseguiu algo en Bergondo?, que fixo Anova noutros concellos máis que retirar maiorías nacionalistas e permitir gobernos do PP ou do PSOE, retirando apoios que serían maioritarios ó nacionalismo coma en Monforte?

1 lemés

Nacionalismo no Beneguai de Monforte???? Si, nacionalismo español: alcalde que presumeen püblico do uso do castelán en familia, pantallas xigantes e inauguración de fontes a La Roja y gualda, avenidas ao franquista Fraga, loito e sentidas condolencias pola duquesa española, deturpación de topónimos (a mesma responsable local tratou de impedir a restauraciòn do seu lugar de residencia Villaoscura*), denuncias de ausencia de normalización da Mesa, o alcalde presidindo procesións ulttacatòlicas... Nacionalismo del bueno despois de 12 anos, e aínda hai observadores que o aplauden!!!

2 Observador

Para defensa do galego xa tes a los compañeros y compañeras de Podemos de La Coru, yo la marea bien, pero como empiecen con lo del gayego ya paso...todo ó mundo sabe q o BNG non defende o galego e qué o PP e Podemos si....sodes uns mandadiños de Madride obedecendo ós señoritos e pretendedes dar exemplo de nacionalismo?, para chorar... Q peniña dades...

3 lemés

O que se apunta sobre o nacionalismo español do teu Beneguai de Monforte pode comprobarse e certificarse (o das empresas de determinada familia de Allariz contratadas polo concello tamén, por se precisas axudas). Se queres falamos da normalización do galego na Coruña no bipartito local, onde o galego foi secundario, non era a prioridade para non incomodar ao P$oEspañol, como tampouco o é na Pontevedra da "fiesta nacional" de Lores nin no Vigo do Caballero que o Beneguai consolidou. Estás resentido coas mareas, pobriño, pois fala despois de actuar, polo momento vai rañando por uns anos, agora tocalle aos cidadáns e non ao sistema do Bng en alianza co PPsoE.

4 Observador

Pois nada Lemés, a desfrutar. Agora xa goberna o PSOE en Monforte. O mesmo q vai apoiar as mareas da coruña e Santiago. E Anova?, vai facer autocrítica?, como foron os seus resultados?..

5 lemés

Anova, avella... Que duros de entendedeiras! Estamos en tempos de mudanzas, con plataformas puntuais, de carácter temporal. Non en partidos esencialistas, eternos, de caste intocable. Anova formaba parte de VARIAS plataformas que funcionaron (mellor que a montada polo BNG-Asembleas abertas, ou esta última era unha farsa? Non, verdade, logo non todos os votos son do aparato da UPG, son da plataforma!). Xa sei, que ti preferias a Negreira ou a Agustín de alcaldes, pero tes que superar o espirito revanchista e ir madurando... Severino ou Tomé a mesma m.rda é (porMonforte).

6 ErreGá

Un saúdo aos teus amigos das tarxetas black, aos que nos venden miserablemente á patronal, aos que co seu voto en madrid inmpiden q o naval galego poida traballar, aos que consideran q gz xa está definida politicamente na constitución, aos q din q o importante é q os servizos publicos funcionen ben independentemente do idioma, etc. etc.

7 ErreKaka

Estimado sindicalista vendido, tanto como os falsarios que nomeas, ou podes explicarme que facìa o representante da CIG na Caixanova mentres roubaron coas preferentes ou se investe en tixolo no Levante os aforros dos galegos. Mamaba e caladiño! Que o Beneguai tiña débedas, lembras Cangas, a alcaldesa Clara Millán e Massó... E que fai a CIG coa Forga, ou na Fundación Tripartita, da man de CC. OO. e UGT ademais da patronal, repartindo os cartos doscursos de formación, a maior mentira que lle quitan do salario aos traballadores para repartilos cos chiringuitos dos amigos. Ratiñas que xa vos coñecemos: os das tarxetas son os teus colegas no roubo! Mágoa que vos temos marcados e queda pouco ao sistema corrupto do que graciosamente chuchou o Beneguai mentres facía que protesta... Vendidos!

17 Abraiado

"Os resultados obtidos superan, no fundamental, os obxectivos..." Parabéns logo. Ata a insignificancia final... Que siga o enterro

1 buli

Quase 200 mil votos.O dobre de maiorias absolutas.Muitas mais alcaldias. Chimpamos um 20% das maiorias do PP. Isso si,os dados qualitativos nom som bos.Deixamos de ser umha organizaçom verdadeiramente nacional ao passar a ser marginais em praças importantes,como ourense ou Vigo. Em quanto á insignificancia, creo que nom.Som as tuas ganhas, nom a realidade.

16 Non me MAREAn

Sabedes que?....que algúns dábades por morto ao BNG. Estes, pese a crise da asemblea de Amio, pese ao período convulso no que vivimos....faise con 185.000 votos e un feixe de alcaldías. Si ho, perde representación en Vigo e Ourense, ok. Mais alí está. Seguide facándovos pallas mentais: fracaso en Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense...a rañala!

1 LKI

Patalexos e autoenganos. É o que vos queda, bloqueiriños.

15 lemés

O obxectivo é 1,3 de cada 10 votos para o BNG? Pouco a nmbicioso ou perdedor contento! Non será o obxectivo gobernar e n 30 concellos e participar no reparto da merenda en 3 deputacións? Se os deixan, que desde as mareas falan de non facer repartitos con goberniños paralelos por áreas (así o di o candidato de Ferrol), falan de proxecto común, de abertura e transparencia..., logo igual o obxectivo do BNG cae! Claro que non lembrar a perda da alcaldía da cidade de Monforte logo de 12 anos, da mimada Riotorto pola deputación clientelar, da baixada do Corgo do deputadiño provincial, da perda de representación en Chantada onde gobernaron e non se sentiu a riada... O obxectivo dos que prefiren un país arrasado a perder o control do chiringuito, seguen facéndose os xordos mentres se aseguran postiños para os fieis do aparato. Bendito obxectivo cuantitativo!

14 Galego Ceibe

Deses que están na foto,boa parte deles non teñen nin profisión, nin oficio. Son caste na versión máis patética. O que queren é seguir chuchando,non facer autocrítica