O Comité de Empresa de Vitrasa denuncia apertura de sancións aos que participaron en folgas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2023 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O Comité de Empresa de Vitrasa denunciou "represión sindical" coa apertura de expedientes sancionadores relacionados coas xornadas de folga convocadas durante o Marisquiño.

Tal e como explicaron nun comunicado, censuran que a dirección "fai trampas" cos servizos mínimos, "tal e cmo constatan as sancións impostas pola Inspección de Traballo". Lembran que o decreto de servizos mínimos publicado polo Concello para as xornadas de folga dos pasados días 12 e 13 de agosto establecía a saída dun único vehículo na liña de noite, pero a empresa "pretendía pór en circulación catro autobuses".

Por iso, algúns membros do comité e varios traballadores "impediron de forma totalmente pacífica e en presenza da propia policía a saída de tres vehículos que non constataban no decreto".

Por mor disto, denuncian, as persoas presentes nese momento comezaron a recibir notificación de apertura de expedientes sancionadores que poden supor suspensión de emprego e soldo ata o despedimento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta