Unha protesta denuncia un "golpe lexislativo" do PP para favorecer proxectos eólicos "ilegais"

Decenas de persoas, convocadas pola coordinadora Eólica Así Non, concentráronse esta tarde de luns ante o Parlamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2023 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

Decenas de persoas, convocadas pola coordinadora Eólica Así Non, concentráronse esta tarde de luns ante o Parlamento para manifestar o seu rexeitamento contra o "golpe lexislativo" que propón o PP na lei de acompañamento de declarar aos proxectos eólicos de "interese público superior". Denuncian que se busca "sortear" as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que están a suspender proxectos eólicos "ilegais".

'Eólica xusta e sustentábel, enerxía por e para ou pobo' ou 'Eólica si, pero non así' son algunhas das pancartas que se podían ler, nunha concentración con berros de 'Eólica se na serra de Madrid'. Esta protesta celebrouse nunha tarde na que se debate na Cámara a lei de acompañamento aos orzamentos galegos para 2024. Así, esta plataforma acusa ao PP de "prevaricar" ao lexislar para "recortar dereitos sociais e de participación pública", co que "favorecen a destrución do patrimonio ambiental e cultural", "deixando á cidadanía galega totalmente indefensa a mercé dos intereses especulativos do lobby enerxético".

E é que expoñen que a medida de "interese público superior" facilita a tramitación de renovables e "relega á Xunta da súa responsabilidade fiscalizadora nas avaliacións de impacto ambiental dos proxectos enerxéticos". Paralelamente, tamén cargan contra a futura lei de promoción de beneficios sociais e económicos dos proxectos que usan recursos naturais, tamén impulsada polo PP, "dirixida unicamente a facilitar o camiño das grandes corporacións empresariais cara á explotación dos recursos naturais", no que resume como unhas reformas lexislativas "antidemocráticas".

Protesta ante o Parlamento de 'Eólica así, non'. ADEGA
Protesta ante o Parlamento de 'Eólica así, non'. ADEGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta