A opisición vincula o inicio do trámite da lei de calidade alimentaria á proximidade de eleccións

A Xunta reivindica esta norma "pioneira", que adapta a anterior do 2005, mentres o PP convida a BNG e PSdeG a facer achegas ao texto

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 21/11/2023 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia tramitará o proxecto de lei de calidade alimentaria despois de que o PPdeG, coa súa maioría absoluta, tombase este martes as emendas de devolución presentadas polos dous grupos da oposición. Tanto BNG como PSdeG coincidiron en vincular o texto coa proximidade das eleccións galegas, previstas para 2024.

No pleno, o conselleiro do Medio Rural, José González, foi o encargado de defender este proxecto que busca "afianzar a calidade alimentaria" de Galicia ao adaptar a normativa do ano 2005 ante os "cambios experimentados na produción, a incorporación de novas tecnoloxías, novas formas de comercialización e o incremento dos intercambios entre países".

González insistiu en que, cando se aprobe esta lei, Galicia será "a primeira comunidade autónoma" que contará cun selo propio que distinguirá a produción sustentable alimentaria e que será "totalmente voluntario e reconocible". Tamén buscará que aqueles produtos que conten con esta cualificación alcancen "unha nova dimensión no mercado máis competitiva". Como consecuencia disto, crearase emprego e fixarase " poboación" no rural galego.

O conselleiro do Medio Rural, José González, no pleno do Parlamento de Galicia.. XUNTA
O conselleiro do Medio Rural, José González, no pleno do Parlamento de Galicia.. XUNTA | Fonte: Europa Press

A OPOSICIÓN VE ELECTORALISMO

Desde o principal grupo da oposición, Xosé Luís Rivas 'Mini' (BNG) cargou contra a xestión da Xunta nos últimos 14 anos na materia e cre que o texto que agora arrinca a súa tramitación parlamentaria ten "o único labor" de, ante a proximidade das eleccións, "buscar titulares para dicir que se fai o que non se fai".

Por parte do PSdeG, o deputado Martín Seco, que iniciou a súa intervención cunha alegación a favor do pobo palestino, coincidiu en que o proxecto de lei de calidade alimentaria é "propaganda electoral" en vésperas dunha convocatoria de comicios que, ademais, "non achega nada" ao sector, senón que o que fai é adaptar a lexislación ás novas regulacións europea e estatal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta