A crise fai que os galegos prefiran voltar ao rural

O 78 % das persoas que están a pensar en adquirir unha vivenda no ámbito rural ten idades comprendidas entre os 25 e os 50 anos e fano pola súa intención de aumentar a familia. O 56 % dos que o fixeron antes da crise cre que é unha boa opción mudarse ao campo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/08/2015 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Galicia é considerada un dos pulmóns verdes do estado, precisamente, pola súa querencia histórica polas zonas rurais. No país non houbo entramados urbanos importantes ata mediados do século pasado. Pero este fenómeno intensificouse nas últimas décadas para facer unha Galicia máis urbana.

Paisaxe do rural galego
Paisaxe do rural galego

Con todo, e a pesares desa emigración da vila á cidade, os galegos seguen preferindo o campo, especialmente, coa chegada da crise. Máis da metade deles estaría disposto a deixar a súa casa da cidade para marchar ao rural. Iso é, cando menos, o que apunta un estudo do portal inmobiliario Casaktua.

Segundo os seus datos, catro de cada dez españois baralla cambiar de residencia e buscar unha vivenda no campo para mellorar a súa situación financeira. E son Galicia, Castela-A Mancha e a Rexión de Murcia as comunidades onde máis habitantes reconsideraron esta opción.

O 78 % das persoas que están a pensar en adquirir unha vivenda no ámbito rural ten idades comprendidas entre os 25 e os 50 anos. Ademais, un 53 % dos enquisados elixe esta alternativa pola súa intención de aumentar a familia, ou ben porque se vai a acoller a persoas maiores (52 %).

O 56 % dos que o fixeron antes da crise cre que é unha boa opción mudarse ao campo, porcentaxe que aumenta até o 72 % no caso dos que se cambiaron de vivenda durante a crise

O citado portal inmobiliario e a entidade bancaria BMN uníronse para vender medio milleiro de vivendas en zonas rurais por un prezo medio inferior aos 82.000 euros.

Este prezo medio que custan as vivendas ofertadas correspóndense cunha cota hipotecaria media próxima aos 300 euros, aproximadamente. Así, o prezo medio do metro cadrado sitúase en 788 euros, unha contía que está moi afastada dos 1.190 euros de media estipulada polo Ministerio de Fomento no primeiro trimestre do ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 adsf

Por que a xente non vive no campo xa? Porque hai que pagar coche para ir a calquer lado, os hospitais están lonxe, non hai servizos etc. Solucionar estes problemas é chave para recuperar o crecemento do rural.

1 Gustavo

E porque vivir "do" campo é cada día máis case unha entelequia. Se a crise serve para que viva máis xente no rural, algo é algo. Pero o despoboamento é tristísimo, e vai mudar en poucos anos moitas cousas da nosa maneira de ser, da nosa paisaxe, etc..., cousas que damos por feitas pero desaparecen a ollos vista