Os tiburóns azuis visitan a Costa da Morte

Avistadas varias crías de quenlla na costa de Balarés, Niñós, Corme e Muros.

Por Galicia Confidencial | Ponteceso | 12/08/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Varios areais da Costa da Morte están tendo nos últimos días uns visitantes moi particulares. Ata as praias de Balarés, Niñós e Corme chegaron varias crías de quenllas ou tamén coñecidas como “tabeirón azul”. Ainda que noutras ocasións xa tiñan aparecido exemplares máis grandes, ésta é unha das primeiras veces que se avistan crías que polo seu tamaño parecen case recén nadas.

As crías de quenllas son inofensivas
As crías de quenllas son inofensivas | Fonte: QPC

Son totalmente inofestivas”, indica Toño Mato do recoñecido blog Tiburones en Galicia. Precisamente, colabora co científico Gonzalo Mucientes na recompilación de datos de avistamentos de quenllas e momos, polo que agradecen a colaboración cidadá para recompilar todos os datos posibles co fin de crear un rexistro para logo sacar conclusións (tempadas, zonas de cría e reclutamento,…) debido á escaseza de información deste tipo que hai en Galicia.

Dende CEMMA explican que “o propio varamento caúsalles estrés e se é posible e con moito coidado hai que devolvelos ao mar para evitar a súa morte”.

Precisamente Toño Mato indica que fai agora un ano uns rapaces atopaban morta unha cría de tintorera (Prionace glauca) na praia da Ladeira, en Corrubedo. Tratábase dun pequeno macho duns 60 cm. Segundo o experto, as titnoreiras teñen moitas similitudes co modo reproductivo dos seres humáns. Durante a súa xestación, que dura entre 9 e 12 meses, os embrións aliméntanse a través do cordón umbilical; feito que se coñece como viviparismo placentario. Os partos teñen lugar nos meses da primavera e do verán e, a diferencia de nós, dende o momento no que nacen os pequenos son totalmente independentes.

Estas crías miden entre 35 e 44 cm ao nacer e soen permanecer na zona de cría ata que acadan os 130 cm, aproximadamente, que é máis ou menos cando cumpren os 2-3 anos de vida. Aínda que non é moi habitual velas, a costa galega forma parte da súa área natural de cría.

O submarinista Xaime Beiro tamén conseguiu gravar varios exemplares en Muros.

Nova do medio colaborador Que Pasa na Costa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta