O satélite galego Serpens xa está en órbita

A Estación Espacial Internacional confirmou que foi despregado polos seus astronautas este xoves. É o terceiro con selo da Universidade de Vigo que xa está no espazo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 18/09/2015 | Actualizada ás 09:48

Comparte esta noticia

O Serpens –Space System for Conducting Research and Experiments with Nanosatelites-, o terceiro picosatélite con selo vigués xa está en órbita. Así o confirmaron desde a Estación Espacial Internacional que sinalou que os seus astronautas o despregaron entre as 13.00 e 16.30  horas –hora local galega--.

Satélite Serpens
Satélite Serpens

O satélite chegou o pasado 24 de agosto á Estación Espacial InternaiconaI tras ser lanzado ao espazo pola Axencia Espacial Xaponesa (JAXA) o día 19 a bordo do vehículo de abastacemento Kounotori-5 (HTV-5).

Deseñado pola Axencia Espacial Brasileira coa participación da Agrupación Estratéxica Aeroespacial da Universidade de Vigo, dirixida polo profesor Fernando Aguado, o satélite foi despregado do módulo ‘Kibo’ do JSSOD (Japanese CubeSat Deployer) na órbita final polos propios astronautas e ata media hora despois non haberá imaxes do mesmo.

Segundo satélite da constelación Humsat

O Serpens convértese así no segundo satélite da constelación Humsat , un proxecto liderado pola institución viguesa, auspiciado pola ONU e a Axencia Espacial Europea, e dirixido a coñecer se unha constelación de pequenos satélites podería permitir o fomento das capacidades do sector espacial en países emerxentes.

Lanzamento do satélite da Uvigo Serpens a bordo dun cohete en Xapón
Lanzamento do satélite da Uvigo Serpens a bordo dun cohete en Xapón

Agora, coa inxección en órbita do satélite, porase a proba o resultado final dun proxecto no que no que, ademais da de Vigo, participaron as universidades brasileiras de Minas Gerais, Federal de Santa Catarina e Federal do ABC, así como o Instituto Federal Fluminese, a Morehead State University e a California State Politechnic dos Estados Unidos, xunto coa universidade italiana da Sapienza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta