Xosé Touriñán, Ledicia Sola e David Amor estrean en Vigo a comedia "Amigos ata a morte"

O texto de Javier Veiga cultivou numerosos éxitos en Madrid, Euskadi, Cataluña, Porto Rico ou México. A cita coa estrea será o vindeiro sábado ás 20.30 h. no Teatro Afundación de Vigo. As entradas xa están a venda na Internet.

Por GC Tendencias | Vigo | 15/10/2015 | Actualizada ás 15:39

Comparte esta noticia

Vigo acolle o vindeiro sábado 17 de outubro en Vigo a comedia Amigos ata a morte, escrita polo actor e guionista Javier Veiga e protagonizada por Xosé A. Touriñán, Ledicia Sola e David Amor. A representación, que cultivou xa numerosos éxitos en Madrid, Euskadi, Cataluña, Porto Rico ou México, terá lugar ás 20.30 h. no Teatro Afundación de Vigo. As entradas están á venda en www.ataquilla.com.

Amigos ata a morte
Amigos ata a morte

Amigos ata a morte é unha comedia sobre a amizade e o amor, dous ingredientes que, se van xuntos, poden ser perigosos. Nacho, Ángel e María, tres personaxes e dúas historias de amor e de amizade. Eles son tres amigos de toda a vida, tres amigos inseparables, ou quizais non. Un xiro inesperado deixará patas arriba a vida dos protagonistas, que terán que ver doutra maneira a súa relación

Xosé A. Touriñán

Leva máis de dez anos no mundo do humor e o audiovisual galego. A principios do 2000 forma con Marcos Pereiro o dúo cómico Os 2 de sempre, unha proposta que conseguiu fama co espectáculo das Cantareiras de Ardebullo. Este éxito levouno a dirixir e presentar o seu propio programa, Tourilandia, estreado na TVG en 2012. Participou, ademais, noutros programas, series e filmes coma Padre Casares, Era Visto ou Land Róber, entre outros.

Ledicia Sola

É unha das actrices con máis percorrido no audiovisual e no teatro feito en Galicia na última década. Deuse a coñecer grazas á serie de TVG Gran Reserva, e na actualidade é unha das protagonistas de Pazo de familia na Televisión de Galicia. Anteriormente participou noutros proxectos como O Nordés ou Os Atlánticos. No ámbito nacional ten interpretado diferentes personaxes en series coma Amar es para siempre ou Ana y los 7, entre outras.

David Amor

Deuse a coñecer a través do programa O Rei da Comedia, e ten participado en diferentes series coma Mareas Vivas ou 4º sen ascensor e en programas coma Supermartes. A súa popularidade televisiva consolídase coa participación anos despois en El Club del Chiste de Antena 3, co que percorre decenas de teatros e auditorios. Na actualidade interpreta a Tito na serie de Cuatro Gym Tony.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta