Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/06/2024 | Actualizada ás 17:20
A Deputación da Coruña fixo público o fallo do II Premio Xoán Vicente Viqueira de investigación en Ciencias Sociais, Humanidades, Sustentabilidade e Innovación, que foi parar a Enric Pol Urrutia, Nachatter Singh Kaur e Cristina Chinea Montesdeoca. A deputada provincial delegada de Educación, Yoya Neira, que presidiu o acto de entrega dos galardóns, no que participou tamén a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, lembrou a "transcendencia de Xoán Vicente Viqueira, impulsor do galego non só desde a educación, se non desde a súa vertente de investigador".
Ademais, explicou que a Deputación, con este galardón que leva o nome de Vicente Viqueira, busca "recoñecer o impagable labor divulgativo de coñecemento de distintas persoas e entidades nun campo fundamental para o desenvolvemento como é o social e as humanidades".
Así, o Premio á traxectoria de vida dedicada á investigación nalgún dos ámbitos das Ciencias Sociais ao longo dos últimos 30 anos, recaeu no docente e investigador Enric Pol Urrutia, catedrático de Psicoloxía Social da Universidade de Barcelona. O Premio á innovación científica, pola súa banda, foi para o investigador postdoctoral da UDC Nachatter Singh Kaur, mentres que o Premio á calidade dun traballo de investigación realizado por unha persoa investigadora nova recaeu en Cristina Chinea Montesdeoca, da Universidade da Lagoa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.