Sarna nun centro da Xunta para discapacitados privatizado

A Xunta dividiu un centro público para discapacitados, adxudicando o coidado dos maiores de 21 anos a CLECE, do coñecido Florentino Pérez. Agora, días despois de que os pais se reuniran co conselleiro para protestar polas eivas e a privatización, salta un brote de sarna que afecta a varios internos.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 04/11/2015 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A delegación da Coruña da Consellería de Política Social descoñece a causa e asegura que non hai risco de máis contaxios, pero o certo é que nove internos do CEE Souto de Leixa , situado en Ferrol, teñen a sarna, polo que están illados.

Florentino Pérez, presidente do Real Madrid e da construtora ACS
Florentino Pérez, presidente do Real Madrid e da construtora ACS | Fonte: FDV wikipedia

A escabiose ou sarna é unha enfermidade da pel causada por un ácaro parasito, chamado comunmente arador da sarna.  Extremadamente contaxiosa, o principal síntoma é o proído, que aumenta o seu efecto durante as noites e coa calor. As lesións máis típicas son os sucos, liñas grisáceas e sinuosas de 1 a 15 mm de longo, que son o reflexo exterior da galería escavada na epiderme pola femia co fin de desovar, e as vesículas perladas, do grosor dunha cabeza de alfinete, producidas pola secreción do parasito.

O Goberno Galego confirma que a plaga detectouse o pasado martes, pero non trascendeu até hoxe. Todos os doentes, pero tamén as persoas que os coidaron estes días están aillados, di a Xunta que por precaución. A Administración tamén informa que todos os afectados están baixo tratamento e que evolucionan ben.

Esta mala noticia salta só catro días despois de que os pais dos internos protestaran ao conselleiro ante a precariedade e os recortes no centro. José Manuel Rey reuniuse con eles o venres 30 e tivo que escoitar como os pais lle indicaban que non hai coidadores dabondo, hai carencias nas instalacións -por exemplo as persoas con cadeira de rodas están nunha planta superiro sen luz natural-, barreiras arquitectónicas, etc. No favor do ex-alcalde de Ferrol, os pais din que Rey foi o primeiro conselleiro que aceptou escoitar directamente as súas reinvidicacións

O Centro "Souto de Leixa" formaba parte do Centro de Educación Especial "Terra de Ferrol", que a Xunta dividiu e privatizou recentemente. No "Souto de Leixa" están os discapacitados maiores de 21 anos, no CEE Terra de Ferrol os menores. 

Estado dos accesos ao centro Souto de Leixa nunha imaxe do Facebook dos pais dos discapacitados internos
Estado dos accesos ao centro Souto de Leixa nunha imaxe do Facebook dos pais dos discapacitados internos

En 2010 a Xunta sacou a concurso a "contratación da xestión, en réxime de concesión, de prazas de atención residencial e atención diúrna para persoas con discapacidade intelectual e/ou outras discapacidades asociadas, no centro de atención á discapacidade Souto de Leixa"". Adxudicouno por urxencia a CLECE por 5,9 millóns de euros máis IVE en decembro de 2010. CLECE é a empresa multiservicios de ACS, a construtora de Florentino Pérez, o presidente do Real Madrid.

Este outono o Pleno do Comité de Traballo e Benestar da Coruña, aprobou de forma unánime (cos votos de CIG,CCOO,UGT,CSIF e CUT) facer unha Resolución dirixida a todos os grupos no Parlamento para que o centro volva ao sistema pùblico. Os pais agradeceron publicamente o apoio dos sindicatos na loita por mellorar as condicións dos seus fillos.

O centro sufre conflitividade laboral dende a súa privatización. En xuño un grupo de delegados e delegadas da CIG concentráronse diante deste Centro de Educación Especial (CEE) , para protestar polas actitudes que a Xerencia da empresa está a ter coa delegada da central sindical no Comité. Unhas actitudes, denuncian, “totalmente discriminatorias e arbitrarias,e que están a traer graves consecuencias para a súa saúde e situación laboral no centrode traballo”.  En 2010 os sindicatos denunciaron que "a Xunta incrementa os equipamentos do Souto de Leixa nas vésperas de entregar a súa xestión a Clece e executar 54 despedimentos".

Protesta en 2010 de traballadores contra a privatización do Souto de Leixa / artabra21.blogspot.com.es/
Protesta en 2010 de traballadores contra a privatización do Souto de Leixa / artabra21.blogspot.com.es/
Manifestación contra a privatización do Souto de Leixa
Manifestación contra a privatización do Souto de Leixa | Fonte: CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Mario

Boa foto ! Tito Floren

1 Diego

Moi boa a foto!! Qué maldade!! jajajaj