O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar leva case dúas semanas en servizos mínimos

A CIG denuncia que o goberno da Xunta abandonou aos traballadores tras a marcha do seu xerente.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/11/2015 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

“A actuación do goberno da Xunta de Galiza no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar acada niveles de incompetencia absoluta”. É a denuncia que fai a CIG desde que o pasado 30 de outubro o xa ex xerente, Roberto Rodríguez Martínez, fora nomeado como Director de Augas de Galicia.

José Manuel Rey Varela, conslleiro de Política Social
José Manuel Rey Varela, conslleiro de Política Social | Fonte: PPdeG

Unha situación que provocou, din, unha desorganización neste centro xa que, desde entón, “non hai quen asine as coberturas de baixas, os permisos laborais ou as nóminas”.  Unha situación á que se suma, segundo critica este sindicato, a desidia da xerente axunta de Escolas e a xerente adxunta da área de Benestar “que non realizan as súas funcións neste momento”.

Por iso, denuncia a falta de planificación por parte do Goberno do Partido Popular, “onde o importante é colocar os seus e non facilitar que a administración traballe, o que se ve tamén no nomeamento do novo xerente, o exalcalde do Partido Popular, Perfecto Rodríguez Muíños”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta