Mariñeiros identificados e expulsados dun hotel onde interviña Feijóo en Madrid

Acudiron con cartaces nos que se podía ler “Feijóo traiciona a los gallegos” en referencia a crítica situación do cerco.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 12/11/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Mariñeiros galegos do cerco foron este mércores identificados e expulsados dun céntrico hotel madrileño no que se atopaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participando nun acto político.

Mariñeiros galegos do cerco protestaron en Madrid fronte a un hotel no que estaba Feijóo
Mariñeiros galegos do cerco protestaron en Madrid fronte a un hotel no que estaba Feijóo

Segundo informan fontes da Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (Acerga), os mariñeiros foron botados do hotel Eurobuilding, ao que acudiron con intención de protestar pola actual situación do sector  tras as cotas impostas por Bruxelas. No seu interior, Feijóo participaba nunha conferencia do Club Siglo XXI.

Os mariñeiros levaron cartaces nos que se podía ler “Feijóo traiciona a los gallegos...+ del 60% del pescado de Galicia, + de 100 barcos, + de 36.000 familias, + de 80 puertos afectados”. A pesar de que nun primeiro momento se pensou que había detidos, finalmente, todos os mariñeiros acudiron aos dous autobuses que os levaran a Madrid para participar no calendario de mobilizacións do sector a nivel estatal. Os mariñeiros seguen acampados fronte a sede da Xunta en San Caetano para protestar pola súa situación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta