Concurso para non esquecer a traxedia do Prestige

Trátase de enviar fotos e relatos sobre o traballo dos voluntarios nun dos períodos máis negros da historia de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Cee | 17/11/2015 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Estes días celébrase un triste aniversario. Hai 13 anos, o Prestige, un petroleiro á deriva pola costa galega, causou o maior desastre ecolóxico deste país. Mentres 40.000 barcos seguen pasando ao ano polo Corredor de Fisterra.

Voluntarios e mariñeiros loitando contra a marea negra do Prestige
Voluntarios e mariñeiros loitando contra a marea negra do Prestige | Fonte: QPC

Por iso, e para non esquencer este triste acontecemento, varias empresas da Costa da Morte, coa cordinación de Fresco y del Mar e Radio Nordés-Cadena Ser, organizan un concurso, de fotos e relatos relativos ao período de tempo no que se desenvolveron labores de voluntariado en toda zona da Costa da Morte e que conformaron a denominada Marea Branca Solidaria. Poderán compartir en redes sociais utilizando o hastag #GrazasMareaBlancaPrestige dese o 13 ao 30 de novembro.

“É posble acadar o imposible. Por exemplo que un peixe chegue a lúa”, explica Emilio Louro aos compañeiros de quepasanacosta.com un dos seus promotores dende a entidade “Fresco y del Mar”, a raíz do logo da campaña, realizado por Nacho Porto. “Neste caso foi posible que un mar morto recuperase a vida grazas a acción do voluntariado que está representado por cada un dos peldaños da escaleira que da chegado a lúa”, sinala Louro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta