Temas: CERVEXA

Cervexa artesán: Un sector en movemento

Cada vez son máis os emprendedores e emprendedoras, que apostan por un sector tan tradicional, e a vez tan innovador como é o da cervexa artesán, que a modo de colmea activa, están espallados por diferentes puntos da xeografía galega.

Por Manuel Rivero Pérez | A Coruña | 17/11/2015 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

Este movemento empezou fai quince anos aproximadamente en Estados Unidos, chegou a Europa fai dez anos, principalmente a Alemaña e Bélxica, é en Galicia con algo máis de retraso, dende hai tres anos, xa ten a súa notoriedade.

Neste momento o sector está en plena efervescencia, con marcas consolidadas, que día a día van gañando espazo nun mercado competitivo e atomizado, no que se bota de menos unha visión de conxunto. Fáltalle por en práctica as fortalezas da asociación, tanto para mercar as materias primas, como na comercialización e na distribución, que lles permita abaratar costos e crear sinerxías, en realidade os nosos artesáns, son aliados e non competidores, dado que cada un ten un produto diferente, que se complementa e se diferenza  o mesmo tempo cos do resto do sector. 

Esa actividade produtiva e creadora, ten neste momento no mercado, un produto amplo e variado, tanto  en cantidade como en calidade, con múltiples sabores, texturas, colores e sensacións, e cunha relación valor - prezo moi equilibrada.

Esta forma de desandar o tempo, que iniciaron os novos artesáns cervexeiros, na procura das receitas de elaboración das antigas cervexas, tal como se facían en mosteiros, e nas casas particulares, de forma totalmente artesán, permítelle recuperar  ese coñecemento, e a través del, poder  innovar nun campo tan variado como é o da cervexa.

Para conseguir unha cervexa redonda, equilibrada, fresca e afroitada, como é a Curuxa de Galician Brew, fai falta moita paixón, moito entusiasmo e moita fortaleza, dedicación, formación e esforzo, e ademais, moita proba – error, ate dar con ese equilibrio perfecto, tal como nos relata a mestre cervexeira Isabel Viéitez, que fixo desta profesión  o seu modo de vida. Na súa microfábrica de Padróns en Ponteareas, elabora dúas cervexas de gran calidade: a Curuxa, que recorda a aquelas cervexas dos anos sesenta, fresca, redonda e afroitada de baixa fermentación e a Sabela, de alta fermentación, feita con maltas caramelizadas, que lle dan un lixeiro amargor, entre suave e aterciopelado, e con máis graduación. 

A clave dunha cervexa artesán de alto nivel, está na utilización de produtos naturais: lúpulo, malta e auga de alta calidade, así como, saber respectar o proceso natural de fermentación e de maduración, sen engadir  aditivos nin conservantes.

De forma sutil e calada, estase creando un novo escenario de vivir e gozar dun mundo tan plural como é o da cervexa, ela está presente en cervexarías de diferente estilo e tamaño, bares e restaurantes, en feiras, mercados e tendas especializadas, conquistando a un público cada día máis formado, entendido e esixente, que non confunde prezo con valor, que sabe o que quere e que xa sabe onde encontralo.

A nosa cervexa artesán espéralle un recorrido, como o que fixo o mundo do viño anos atrás, pasando dos xenéricos as denominacións de orixe, o coidado de toda a cadea de valor, dende a produción da uva, a vendima, a elaboración dos caldos, os períodos de fermentación, envasado e distribución. Grazas a ese cambio de orientación podemos presumir dos nosos Ribeiros, Albariños, Ribeiras Sacras, Monterrei, Valdeorras ou do Bierzo.

Este sector está chamado a dinamizar a nosa economía, a pequena escala, tanto en empregos directos como en indirectos. O lúpulo e a cebada, os seus ingredientes básicos, ben se poden producir en Galicia, a auga témola de excelente calidade, así que precisan facerse máis visibles, ensinar a cultura da cervexa, estar presentes en máis puntos de ventas e abrirse o mercado exterior. Agrada ver un sector no que o traballo, a entrega, o entusiasmo  e a dedicación, son os seus sinos de identidade. Eles son modelos de emprendemento.

Temas: CERVEXA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta