Como son os partidos que se presentan en Galicia o 20D?

Sete formacións son da esquerda ou próximas á esquerda, catro de dereitas ou próximas á dereita e dúas están centradas en problemáticas sociais.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 19/11/2015 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Ata 13 partidos ou coalicións pelexarán polos escanos en Galicia ás cámaras do Congreso e o Senado nas eleccións do próximo 20 de decembro, aínda que só nove presentarán candidaturas nas catro provincias galegas.

Unha das campañas electorais realizadas por militantes do Pacma
Unha das campañas electorais realizadas por militantes do Pacma | Fonte: pacma.es

Destas formacións, as de esquerda son maioría. Un total de sete son da esquerda, próximas á esquerda ou máis alá da esquerda; o PSdeG, En Marea, Nós-Candidatura Galega, o Partido da Terra, Recortes Cero-Grupo Verde, Comunistas da Galiza e Ourense pola Esquerda. Pero só cinco deles se presentan en todas as provincias. Comunistas da Galiza só o fan en Pontevedra, A Coruña e Lugo e Ourense pola Esquerda na provincia ourensá.

Pola súa banda, no lado da dereita están catro partidos; PP, Ciudadanos, UpyD e Vox. As tres primeiras presentan lista en todas as provincias galegas, mentres que Vox só terá listas na provincia de Pontevedra.

A estes comicios tamén se presenta, como noutros procesos electorais, Pacma, un partido animalista que ten coma fin defender o dereito de todos os animais, o medio ambiente e a xustiza social.Terá candidaturas nas catro provincias. Tamén o fará SAIN, o partido da Solidaridade e Autoxestión Internacionalista de ideas humanistas e cristiás, pero só na provincia da Coruña.

En todo o Estado presentaranse 83 candidaturas, 42 ao Congreso e 41 ao Senado por un total de 13 forzas ou coalicións.

Posto de información do partido SAIN
Posto de información do partido SAIN | Fonte: sainmadrid.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

6 Chorima

Pois a verdade é que só existen dúas candidaturas galegas, Nós e Partido da Terra. Facendo símiles, Nós equivale a Junts pel Sí, nun senso moito mais autonomista, e o PT equivale á facción libertaria das CUP, nun senso moitísimo mais radical. O outro é todo un bloque españolista, con matices no arco direita-esquerda, pero co españolismo como elemento aglutinador. Todas as outras forzas galegas, como Cerna, CxG e outros independentistas non foron quen de formalizar candidatura, e mais por debilidade que por falta de vontade. Estando as cousas como están, penso que os galegos (ollo, non os "gallegos") só temos duas opcións: NÓS ou PT.

1 LKI

Tés unha concepción etnicista, reaccionaria e sectaria da galeguidade que non ten nada que ver coa da esquerda: galeg@ é quen vive e traballa en Galiza. Paralelamente, tampouco tés claro o concepto do que é o Españolismo, confundindo o que é unha ideoloxía imperialista negadora da Nación galega co que é o ámbito territorial de cada organización (local, comarcal, nacional, estatal, europeo). Aplicando o teu esquema, Galicia Bilingüe sería "nacionalista galega" e a CNT sería "españolista". Como xa comentei noutra nova, coa vosa teima en desgaleguizar todo o que non cheire a BeNeGá e satélites, ides rematar por re-españolizar o arco político galego. Estaredes orgullos@s...

2 Chorima

Non meu fillo, a miña concepción é en función da autonomía dun partido. Nen o dedo de Pablo Iglesias nen o de Cayo Lara manda neses que citei. Teño totalmente claro o concepto de españolismo, concepto onde se encadran españolistas federalistas e españolistas autonomistas que admitirían a denominación "nación" de adorno nun estatutiño, mentres que o centro de decisión está en Madrid desde unha concepción centralista e xacobina. Dentro do concepto españolismo tamén entran as sucursais e franquicias dese poder estranxeiro na Galiza. Agora se queres falamos do españolismo imperialista.

3 Sempre en Galiza

Pois para min ainda é máis sinxelo: españolismo é considerar que Galiza é España e galeguismo é considerar que non. E concordo plenamente con Chorima en que somentes son galegas esas duas candidaturas. Galegas e galeguistas ambalas duas. E por certo, eu era de Anova, no 20D votarei Partido da Terra, é a CUP que o meu país necesita e que leva na candidatura as persoas mais lúcidas e coerentes que hoxe hai neste país. Estou canso de vendidos, oportunistas e pintamonas.

5 Mareylla de falsa esquerdilla

Agora vai resultar que estar a favor das bases americanas, da OTAN , a favor da Unión Europea, a favor da monarquía borbónica española, a favor da permanencia do estado español no euro, a favor de pagar a débeda, en contra da renda básica universal, e a favor do ensino concertado é de esquerdas, Mesmo Rafa Cuiña vos da cen leccións todos os dias en canto a medidas progresistas desde un concello, Podemos non é máis que outro PSOE que cambiou o traxe de pana pola coleta cheirenta,

1 cupeiro da Galiza

Concordo coa análise. De feito, eu xa teño claro por quen vou votar.

4 JOSE MANUEL

Home. Algúns que describides como "de esquerdas", tan de esuqerdas non son. Alguns nin sequera son, porque ninguén sabe quén son (PG-CG). O que si e penoso son os do kiwi do país. Ocultan as siglas para aparentar "novidade", cando non o son. Son vellos, rancios... Pero nada. Inasequibles al desaliento. A seguir camaradas.De victoria en victoria ate a derrota final.

1 Podemos populismo derechista

El líder de Podemos en Málaga critica la derechización del partido El discurso se ha derechizado, el programa no contempla medidas que realmente den una solución a las clases populares, Vargas pone su cargo a disposición de las bases y tacha de esperpéntico espectáculo la política de fichajes para el 20-D, Bajas en la lista de Podemos en un clima de tensión con las bases, a formación que lidera Pablo Iglesias "no parece ser la herramienta del cambio que se nos prometía a sus comienzos", y censura la "elección a dedo" de los representantes para los comicios

3 antifascista

Hablemos claro, con respecto al fichaje militar de Podemos-Marea, su vuecencia el Teniente General Julio Rodríguez: El acceso a la escala de oficiales generales en España no es automático, ni se hace por meritos profesionales, ni por antigüedad, se hace en función de “la idoneidad”, donde interviene entre otras cosas el visto bueno de la Casa Real, el CNI y otros organismos del Estado, lo cual es perfectamente lógico, nadie da el mando sobre miles de hombres armados a una persona cuya lealtad con los intereses del régimen al que defiende no sean incuestionables.

2 Unidad Popular

Hai duas candidaturas galegas, o PT e NOS, e o resto son candidaturas con centro de decisións en Madrid, ou en Barcelona no caso de Cidadans. En canto ao de esquerdas, hai quen defende a OTAN, o ensino concertado, está en contra das nacionalizacións, xa non reclama a renda básica universal, quere a permanencia na UE, pensa pagar a débeda.... en fin, eses mareantes de EU e Podemos xa están á dereita de Syriza com ben denuncia Alberto Garzón, o de IU.

1 Comunista

Vaia tontería. O centro de decisión do PT está en Portugal e o centro de decisión de NósCaGa/UPG está nos bancos españois cos que o BNG está endebedado e con risco serio de embargamento. Porén, o centro de decisión de En Marea é Galiza, por iso vai toda a esquerda galega xunta e coa participación activa das Mareas municipais. En cambio, en Madrid decidiron ir por separado Podemos e UP(IU) e desprezar (ou instrumentalizar) as candidaturas cidadás, todo o contrario do que se decidíu aquí en Galiza.

2 Antiestalinista

O centro de decisão do PT não está no Brasil tomando caipirinhas. :-D

3 Doutor Moreno

Eu coido que o Centro de Decisión da Marea Galega (: "outra cousa") - Fodemos está na Ko Na da Yoli.........