A música de Los Suaves, condecorada en Ourense

A Deputación inicia os trámites para concederlle a este grupo a Medalla de Ouro da provincia. Tamén apoiará o concerto de despedida do 2016.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 19/11/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense iniciará o expediente de concesión da Medalla de Ouro da provincia ao grupo de rock ourensán "Los Suaves", un grupo do que é fan o seu presidente , Manuel Baltar, que xa os recibiu no pazo provincial hai un mes.

Integrantes do grupo Los Suaves con José Manuel Baltar
Integrantes do grupo Los Suaves con José Manuel Baltar | Fonte: FB JM Baltar

 

O grupo ourensán ten xa unha praza e a medalla de Ouro da cidade de Ourense. “Só lle faltaba o recoñecemento provincial”, dicía nese encontro Baltar que tamén lles ofreceu a dispoñibilidade da deputación para o gran concerto que este grupo ten previsto en 2016 na súa despedida logo de 35 anos de carreira musical.

 

A comisión de Cultura da Deputación informaba este mércores de que será a encargada de dar conta da incoación do expediente de concesión desta medalla. O grupo provincial do PP agarda contar co apoio do resto dos grupos nesta proposta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta