O programa de Nós aposta antes pola soberanía que pola independencia

A Candidatura Galega quere que Galicia participe nunha “eventual recomposición do escenario estatal” “en pé de igualdade con outras nacións do Estado” para lograr a autodoterminación, pois considera que as competencias autonómicas son débiles e están capadas por Bruxelas e Madrid.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/11/2015 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

Nós Candidatura Galega, a lista electoral que apoia o BNG e partidos galegos moito máis pequenos, xa publicou o seu borrador de programa para os comicios. Aínda que os máis de 5.000 asinantes da plataforma Iniciativa pola Unión, están chamados a votar o borrador a través da Internet entre as oito da tarde do luns e as oito da tarde do mércores, as bases ideolóxicas xa están definidas claramente.

Presentación de Nós Candidatura Galega en Lugo
Presentación de Nós Candidatura Galega en Lugo

Nós esgrime un discurso marcadamente nacionalista. Así entende que a solución aos problemas do país pasa por “a soberanía que nos faga enfrontar a dependencia e a subordinación omo as principais causas da situación crítica que padecemos como pobo”. Afondando nesta idea, desbota en principio que unha reforma da Constitución actual sirva para algo, xa que “perpetúa a dependencia de Galiza” e “calquera reforma que parte das mesmas bases na que está asentada mantería o sometemento ao parlamento español e non arranxaría o problema das nacións sen Estado: a falta de soberanía”. 

Con todo, no borrador do programa non se aposta por rachar de fronte coa Constitución Española, seguindo algo similar ao modelo dos independentistas cataláns. De feito a palabra independencia non aparece nin unha soa vez nas 58 páxinas do texto proposto, fronte as oito veces que aparece o termo soberanía. 

No borrrador do progama hai varias referencias á reforma da Constitución para cambiar  o modelo de Estado e facelo máis social. Por exemplo, apostase pola “modificación da Constitución, para que inclúa o dereito fundamental da cidadanía á cobertura do Sistema Público de Servizos Sociais”,  “eliminar a referencia á Igrexa Católica na Constitución” ou suprimir os artigos da Carta Magna que limitan o poder de Galicia para artellar o seu propio ensino público.

No referido ao como cambiar o modelo de Estado, Nós aposta porque unha “representación nacionalista” sitúe a Galicia no debate dunha “eventual recomposición do escenario estatal”. O obxectivo nese hipotético debate dunha nova constitución sería que o Galicia estivese “en pé de igualdade con outras nacións do Estado” cun obxectivo final claro, a autodeterminación, sen referencias a unha posíbel posterior independencia.

En opinión de Nós, o estado autonómico actual mostrouse incapaz de proporcionar resposta ao que o país necesita nestes tempos de cirse económica. O motivo é que as competencias autonómicas son “débiles” e “baleiradas de contido, por decisións que se toman polo goberno español ou na Unión Europea” e capan a capacidade de cremento de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

11 Pragmático soñador

Como pega o enlatado o discurso expañol nos alienados-programados. Non hai grupos independentistas no estado expañol, nin siquer a CUP, Esquerra ou BILDU, o son. Son grupos soberanistas que piden a autodeterminación e acatar a soberana decisión dos seus respectivos pobos.. Se fosen independentistas wstarían pola independencia fora calqueira o resultado. Algo que tanto Podemos coma IU non o son, tal como se amosou en Catalunya. Ser soberano da independencia de acción e acadarr a independencia cando ti queiras, sen crear 51 novas alfandegas, embaixadas, exercitos etc. e rachar relacións económicas e culturais. O estoupido independentista ten que ver co jncumplimento de aceptar do estatut saido do Parlament. Independencia é liberdade de acción, non estar só.

10 we3j

Mimá, cómo se poñen as cabeciñas... En que mundos vivides, neniños?

9 teutonio

Mimadriña, entre o Nostrus e os seus slogans absurdos e o cansino que leva anos, a falar en toda parte do Beiras (con 20000 alcumes) está bonita a sección de comentarios de GC

8 cachamuiña

Quen NOS Ca Ga?

7 ESPIRITU GALEGO!

-si pero o chamado age podre (podreiros) aposta pola unidade de expaña, por entregar as nosas riquezas o expañol, apostan por afundir os nosos recursos, por dar cartos a expaña, a única lista galega e a de nos o outro e todo expañolismo, intentan engañar o pobo pero mesmo tamen son de centro agora podreiros esta loitando polo centro político con citatanos, co pe$oe, mentras pp e a extrema dereita... o AGE esta únicamente para intentar meter a ferrolita de deputada a darse a gran vida a costa dos tontainas o -vieiras fixo a entrada de español na galiza! GALEGOS VOTADE A LISTA NOS QUE OS RENEGADOS XA VOTAN POLAS EXPAÑOLAS!