O PP lucense culpa ao Goberno de Sánchez do "bloqueo" dos parques eólicos que fornecerían de enerxía a Alcoa

Os populares esixen respostas porque argumentan que esta situación "pon en risco a continuidade da actividade da factoría e, con ela, de postos de traballo directos e indirectos".

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 09/07/2024 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O PP de Lugo presentou unha batería de preguntas no Senado para esixir explicacións ao Goberno de Pedro Sánchez ante o "bloqueo" das autorizacións dos parques eólicos chamados a fornecer enerxía a través de contratos de longa duración a Alcoa San Cibrán. Segundo explican nun comunicado, os populares queren saber "se o Goberno é consciente de que pasan os meses" e segue sen autorizarse a execución dos cinco parques eólicos da provincia de Lugo chamados a fornecer enerxía á planta.

Apuntan que son aqueles que contan cunha declaración de impacto ambiental favorable emitida pola Xunta, pero que se atopan paralizados ao non tramitar o Goberno central a súa autorización, "un inconvinte que prometeron solucionar hai meses". Os senadores inciden en que "o Goberno de Sánchez non cumpriu co que prometeu", despois de "non ser capaz tampouco de autorizar en prazo, en tempo e forma, estas instalacións renovables".

"Agora vemos que tampouco funcionou a solución habilitada a través do Real Decreto 8/2023, de 27 de decembro, no que se regulaban os dereitos de acceso e conexión á rede das instalacións renovables e que o propio Executivo central vendeu como solución", critican. Os populares esixen respostas porque argumentan que esta situación "pon en risco a continuidade da actividade da factoría e, con ela, de postos de traballo directos e indirectos", tendo en conta que "o principal obstáculo para a continuidade da actividade da planta é a dificultade de acceso a un prezo eléctrico estable e competitivo".

Un aeroxerador
Un aeroxerador | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta