Temas: LEóN ANCARES LUGO

León aínda non lle reclamou a Lugo os dous quilómetros que di que son seus

A Deputación provincial di que non recibiu notificación algunha sobre os límites territoriais con León. Cando teña noticias “falará” e “tomará as medidas que sexa precisas”.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 26/11/2015 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

Polo de agora non hai disputa territorial entre Lugo e León a conta de dous quilómetros cadrados. A Deputación Provincial de Lugo aínda non ten noticia sobre a revisión dos límites provinciais con León, concretamente entre Candín e Navia de Suarna. Polo tanto, descoñece a existencia dun conflito territorial coa provincia veciña.

Aldea de Suarbol, na vertente do Biezo dos Ancares
Aldea de Suarbol, na vertente do Biezo dos Ancares | Fonte: druidabruxux flickr

Polo momento, non houbo noticia algunha por canles oficiais por parte da Deputación de León ou do Ministerio de Fomento en relación coa revisión dos lindes. Pero, se recibe algún tipo de notificación respecto diso, o organismo provincial “falará” e “tomará as medidas que sexan precisas".

A Deputación de León tiña informado de que decidiu solicitar a Galicia a devolución de dous quilómetros limítrofes, situados en plena Reserva da Biosfera de Ancares, que "por un erro na última revisión xeográfica constan como terreos de Lugo cando realmente son de León".

Trátase dun espazo situado no municipio de Candín (León), que desde 1995 aparece rexistrado como pertencente ao municipio de Navia de Suarna (Lugo), cando realmente é do primeiro pobo, segundo os anteriores rexistros do Instituto Xeográfico Nacional.

Temas: LEóN ANCARES LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta