Feijóo respecta a presunción de inocencia do BNG no xuízo que segue a AN contra Causa Galiza

Di que a Audiencia Nacional ten que “actuar” pero Vence e Lobeira teñen que ter o “respecto da lei”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/11/2015 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo hoxe confiar na “presunción de inocencia” do voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, e do secretario de Organización desta formación, Bieito Lobeira, tras ser citados a declarar como testemuñas no xuízo que leva a Audiencia Nacional contra a cúpula de Causa Galiza á que vincula co grupo Resistencia Galega.

Feijóo no Consello da Xunta
Feijóo no Consello da Xunta

Aínda que nin Vence, nin Lobeira, están imputados neste caso –acoden só en calidade de testemuñas--, Feijóo comparou o seu caso co de outros dirixentes políticos que si están imputados en casos xudiciais. “Manteño e seguirei manteno o mesmo que nos casos que afectan a outros partidos e dirixentes políticos”, dixo. “Pola miña banda, teñen a mesma presunción de inocencia que calquera outro e polo tanto non me vou pronunciar de maneira diferente a como me pronunciei cos casos doutros dirixentes políticos”, engadiu.

En todo caso, o presidente da Xunta dixo que hai que respectar as decisión xudiciais. “Vence e o outro dirixente do Bloque foron chamados para testemuñar por un caso de terrorismo e teñen que ter a presunción de inocencia e o respecto da lei”, dixo. En todo caso, tamén engadiu que a Audiencia Nacional “terá que actuar” como sempre fai nestes casos.

O BNG acusou á Audiencia Nacional e aos "poderes mediáticos" de tentar "desprestixar" ao BNG e á candidatura que impulsa para as xerais, Nós-Candidatura Galega, por fixar a comparecencia a 6 días deses comicios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 Vota NOS

De votar en Madrid, votaría a Unidad Popular-IU, de votar en Barcelona votaría ás CUP, no caso de se presentaren, claro. Como voto en Galicia, voterei NOS-Candidatura Galega. Non votedes ao cuarteto do réxime televisado, Non votedes nin ao Podemos da marea, nin ao PP, nin ao PSOE, nin ao Cidadáns.

5 xan

Dirá o mesmo cando se levanten as alfombras das consellerías?

4 Ana

Non hai que estar moi informados para ver que o "voto util" para a maioria social en Galicia é o voto a NÓS e no resto do estado é a IU. No caso galego pq son unha candidatura 100% galega e Galicia ten problemas propios (problemas demograficos, sectores economicos en crise, situacion da lingua, etc). No caso do resto do estado pq IU é o unico partido que esta a falar de "trabajo garantizado" e ademais é un partido republicano e de esquerdas. So mirade cal é a presenza nos medios de NÓS e IU e cal a de PPSOE, Ciudadanos e Podemos. ¿E quen financia os medios?.

1 John McNamara

Coincido coa túa análise. Cada día que pasa e vendo a propaganda que desde os medios fan a PODEMOS e a C´S (que non teñen representación parlamentar) e a censura a organizacións como IU e NÓS demostra quen quere o cambio e quen non.

3 Ana

Se os poderes queren que votemos bipartidismo novo ou bipartidismo vello e non nacionalismo (que son os que de verdade queren o cambio) eu teño claro que penso votar. Por outra banda a cidadania esta a pedir "separacion de poderes", e decir, eleccions por separado para escoller o executivo, o lexislativo e o xudicial. Sin "separacion de poderes" e representatividade non hai democracia. Democracia si, oligarquia de partidos non.

2 John McNamara

E a este individuo que sae nas fotos con narcos non o levan á Audiencia Nacional?