Feijóo respecta a presunción de inocencia do BNG no xuízo que segue a AN contra Causa Galiza

Di que a Audiencia Nacional ten que “actuar” pero Vence e Lobeira teñen que ter o “respecto da lei”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/11/2015 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo hoxe confiar na “presunción de inocencia” do voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, e do secretario de Organización desta formación, Bieito Lobeira, tras ser citados a declarar como testemuñas no xuízo que leva a Audiencia Nacional contra a cúpula de Causa Galiza á que vincula co grupo Resistencia Galega.

Feijóo no Consello da Xunta
Feijóo no Consello da Xunta

Aínda que nin Vence, nin Lobeira, están imputados neste caso –acoden só en calidade de testemuñas--, Feijóo comparou o seu caso co de outros dirixentes políticos que si están imputados en casos xudiciais. “Manteño e seguirei manteno o mesmo que nos casos que afectan a outros partidos e dirixentes políticos”, dixo. “Pola miña banda, teñen a mesma presunción de inocencia que calquera outro e polo tanto non me vou pronunciar de maneira diferente a como me pronunciei cos casos doutros dirixentes políticos”, engadiu.

En todo caso, o presidente da Xunta dixo que hai que respectar as decisión xudiciais. “Vence e o outro dirixente do Bloque foron chamados para testemuñar por un caso de terrorismo e teñen que ter a presunción de inocencia e o respecto da lei”, dixo. En todo caso, tamén engadiu que a Audiencia Nacional “terá que actuar” como sempre fai nestes casos.

O BNG acusou á Audiencia Nacional e aos "poderes mediáticos" de tentar "desprestixar" ao BNG e á candidatura que impulsa para as xerais, Nós-Candidatura Galega, por fixar a comparecencia a 6 días deses comicios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 El alcalvo está calvo

Soio faltaria indo de testemunhas non