Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/07/2024 | Actualizada ás 19:55
A Xunta outorga axudas, que oscilan entre os 8.000 e os 21.500 euros, para que 11 concellos onde "se multiplica a poboación" durante o verán poidan contratar máis auxiliares de policía local.
Segundo detallou ao termo da reunión semanal do Gobiero galego o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, son contratacións realizadas entre o 1 de xuño e o 30 de setembro deste ano nos municipios de Sanxenxo, O Grove, Baiona, A Guarda, Poio, Cangas, Cambados e Vilagarcía, na provincia de Pontevedra; Miño e A Pobra do Caramiñal, na Coruña; e Monforte de Lemos, en Lugo.
A Xunta destina a esta liña de axudas un total de 145.000 euros e cada un dos concellos poderá recibir entre 8.000 e 21.500 euros para pagar "parte dos gastos de contratación" destes auxiliares. A contía varía en función da porcentaxe que supoñen as prazas hoteleiras en cada localidade sobre a súa poboación total.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.