Tres persoas trasladadas no incendio dunha vivenda en Caldas de Reis

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2024 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

Tres persoas tiveron que ser trasladadas este venres tras producirse un incendio nunha vivenda no municipio pontevedrés de Caldas de Reis. Segundo detallou o 112 Galicia, a voz de alarma deuna un particular cinco minutos antes das 05.00 horas. Durante a súa chamada á central de emerxencias sinalaba que ardía unha habitación dun piso situado na rúa Fermín García.

Con estes datos, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) deron aviso aos servizos sanitarios, aos bombeiros do Salnés, á Garda Civil de Pontevedra e ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Caldas e de Cuntis.

Xa no lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que o lume afectaba o ático do edificio. Do mesmo xeito, indicaban que se estaba procedendo ao desaloxo de todo o bloque. Despois de actuar para controlar e extinguir o incendio, os Bombeiros do Salnés explicaron que arderan por completo tres habitacións da vivenda. Tamén se derrubaron varias placas do teito e o resto do inmoble foi afectado polo fume.

Bombeiros durante os labores de extinción do incendio nunha vivenda
Bombeiros durante os labores de extinción do incendio nunha vivenda | Fonte: César Arxina - Arquivo

Pola súa banda, os servizos sanitarios informaron de que tiveran que ser trasladadas tres persoas ata o Centro de Saúde, mentres que outro catro, entre elas tres bombeiros, foron atendidas no lugar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta