Aberto o novo aparcadoiro disuasorio de Marín que conta con 81 prazas de estacionamento

Situado preto do núcleo de Ameal, na ligazón da variante VG-4.4 coa estrada provincial EP-1202.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 31/07/2024 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

A Xunta abriu o novo aparcadoiro disuasorio de Marín que conta con 81 prazas de estacionamento e está situado preto do núcleo de Ameal, na ligazón da variante VG-4.4 coa estrada provincial EP-1202. Este mércores o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitaron o novo aparcadoiro.

Diego Calvo sinalou que a iniciativa se enmarca na aposta do Executivo galego pola mobilidade sustentable mediante o fomento do uso do coche compartido e do transporte público, contribuíndo a implantar zonas de baixas emisións nas áreas urbanas galegas.

Neste sentido, instalaron unha marquesiña coa previsión de habilitar paradas de autobús das liñas máis próximas, xa que o obxectivo do aparcadoiro disuasorio é fomentar a mobilidade sustentable, facilitando un espazo onde deixar o automóbil de maneira cómoda e segura e desprazarse despois desde os núcleos rurais da contorna ao centro urbano compartindo coche ou en autobús.

Así mesmo, Martínez Allegue remarcou que se trata dunha actuación "moi completa" que ofrece aos usuarios un espazo cómodo, seguro e funcional e permite reducir o tráfico de vehículos en núcleos urbanos como o de Marín.

O novo aparcadoiro disuasorio ocupa 3.000 metros cadrados de superficie. Das 81 prazas habilitadas, tres están reservadas para persoas con mobilidade reducida e outro tres para vehículos eléctricos. A zona conta con iluminación e videovigilancia, e cunha franxa central peonil, unha franxa verde central con arboledo e áreas axardinadas.

Plano do aparcadoiro
Plano do aparcadoiro | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta