O BNG lembra que o xuíz que lles toma declaración foi alto cargo co PP

“Queren ter a foto dos dirixentes do BNG na Audiencia Nacional en plena campaña electoral”. Isto foi o que denunciou Bieito Lobeira cando trascendeu que el e Xavier Vence debían declarar como testemuñas nun proceso sobre se Causa Galizia participa en Resistencia Galega. E isto foi o que volveu a denunciar hoxe o secretario de organización antes de entrar na Audiencia Nacional, malia que o propio BNG está a distribuír imaxes da súa chegada ao xulgado.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 15/12/2015 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

En declaracións de Lobeira en Madrid, o xuíz Eloy Velasco cumpre unha estratexia deseñada polo "laboratorio de ideas do PP" para "borrar do mapa" aos nacionalistas. O político argumenta que se a chamada a declarar coincide coa campañ non é "casual", senón porque se busca "a fotografía de responsables do BNG entrando na Audiencia Nacional en plena campaña".

Lobeira, número 2 do BNG, entra a declarar na Audiencia Nacional sobre Resistencia Galega nunha foto difundia polo BNG no Twitter
Lobeira, número 2 do BNG, entra a declarar na Audiencia Nacional sobre Resistencia Galega nunha foto difundia polo BNG no Twitter

Lobeira cualificou a Audiencia Nacional de "tribunal de excepción" pois "non é un ente neturo, é un señor que foi alto cargo do Partido Popular". Velasco foi director xeral na consellería de Xustiza durante dous dos gobernos de Eduardo Zaplana.

Vence, voceiro nacional do Bloque, comparecerá o 21 de decembro, o día despois das eleccións; tras ser aplazada a comparecencia inicial, prevista para onte día 14.

A Xustiza acusa aos membros da directiva Causa Galiza de realizar varios actos de homenaxe a terroristas, en particular o último Día da Galiza Combatente, tanto de Resistencia Galega como do Exercito Guerrilleiro do Pobo Galego Ceibe. As acusacións son graves, especiamente porque entre elas está a de integración en organización terrorista.

Libres pero imputados, varios dos independentistas detidos deron unha rolda de prensa na que defenderon en todo momento a legalidade o seu traballo político. Na comparecencia en Vigo o 14 de novembro, denunciaron que se trata dun "atropelo judicial e policial" e criticaron ao Goberno por dicir que se "descabezara unha organización terrorista" cando “nom existem dados concretos nem objetivos que permitam à Guardia Civil nem à Audiencia Nacional determinar que esta organizaçom política desenvolve atividades ilegais”.  Engadiron que son "pessoas que tenhem umha vida civil absolutamente normal com postos de trabalho e família com umha atividade política pública”.

Cando foron presos, a Executiva Nacional do BNG cualificou como  "un ataque aos dereitos democráticos" a suspensión de actividade da organización independentista Causa Galiza, decretada polo dous anos e que os imputados din van recurrir. O Bloque tamén alertara do "acelerado retroceso no exercicio de dereitos democráticos que se está a dar na Galiza".

Tras o xiro cara o soberanismo do último lustro, o BNG achegouse a organizacións independentistas como Causa Galiza, mantendo reunións con elas na busca da unidade de acción do nacionalismo e chegando a explorar a posibilidade de presentarse xuntos as eleccións europeas de 2013 . O Bloque mantén dende sempre unha actitude clara de condena a violencia terrorista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

7 Foucellas

A unidade fai a forza. Seguides querendo ser os auténticos e o poder (banca,fábricas de armas e igrexa) poderán con todos nós. Antes de ser Galiza hai ques er libres. Dousa pasiños adiante e un atrás dicía Lenín, que algo sabía de loitar contra o antigo réxime. Ir de vítimas non serve para nada. Se toda a esquerda dos pobos da península fora xunta ás xerais, axiña teríamos unha iberia confederal. Pero que saberei eu, fronte aos "fillos auténticos de Breogán". Así lle vai aos pobos, "divide e vencerás", é a máxima dos exércitos e dos poderosos.

1 Caella

Concordo 100%, a oportunidade --a unidade-- desta volta xa se perdeu. E os (i)rresponsables son o BNG e Anova-mareas mo noso caso. Polo tanto, eu NON voto polos que se fan as vitimas nin polos que se venden, barato, moi barato. Non merecen representarnos como galegos, e para voto testemuñal temos o Partido da Terra.

6 Brais08

Alguén esperaba outra cousa? Isto chama máis a atención porque trátase de figuras políticas do Bng, pero isto mesmo estalle a ocorrer ao cidadán de a pé que denuncia calquer falcatruada do Pp sexa goberno local ou autonómico.Que lle pregunten a aquel particular anónimo que tiña a un cabo da garda civil diante da casa todo o día vestido de paisano, e só para meter medo! A ver cando espabilan os/as polític@s responsables deste país e deixan de empregar á Fiscalía, á Subdelegación do Goberno, o Delegado do goberno por suposto, e á garda civil como instrumentos de represión. Que a cidadanía non vive na inopia ohhh! E os partidos políticos, incluido Bng se decatan de que isto é máis habitual e grave do que debera ser, e que non só lles pasa a eles!

5 Martir

A boquilla cos crédulos non a ten como testigo. Que lle conté ao xuiz que foi ao mar. A upg quitase responsabilidades da desaparición do parlamento. E todos felices. Triste.

4 CUP antifeixista

Contra o acoso desacato. Nunha (in)xustiza corrupta, represora herdeira do TOP franquista expañola, os xustos están fora da lei.

3 Gallego

Creo que la foto de los dirigentes en la Audiencia Nacional le haría un gran favor al BNG. Por eso la publicitan tanto cuando están a punto de desaparición

1 Galego

Como vai desaparecer a forza con máis capacidade de mobilización do País?

2 Choqueiro

Desaparecido está, e o pior é que aínda non o asumistes, un síntoma grave cando non se quere ver a realidade. Por certo esa forza, se hai paparotas, é o PP; se hai misa e procesión son os fans de Rouco Varela; se hai concerto, o que nos vendan de fóra; se vén Pablo Iglesias, os vendidos de dentro; se hai futbol, o Celta ou o Depor... Evidentemente os que están divulgando as declaracións no TOP son os de BNG, mal, moi mal lles deben ir as contas.