A Xunta vende axudas europeas a cinco días das eleccións

Anuncia que a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal espera superar os 100 millóns de Euros do programa POCTEP. Feijóo fixo un anuncio semellante hai mes e medio.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 16/12/2015 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o vicepresidente, Alfonso Rueda, reuníronse este martes co titular da Comissâo de Coordenaçâo e Desenvolvimento Rexional do Norte (CCDRN), Emídio Gomes. Unha reunión na que anunciaron novas inversións para a Eurorrexión e que chega a cinco días dos comicios xerais do 20D.

Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda mantiveron hoxe unha reunión co presidente da Comissâo de Coordenaçâo e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDRN), Emidio Gómes
Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda mantiveron hoxe unha reunión co presidente da Comissâo de Coordenaçâo e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDRN), Emidio Gómes | Fonte: Conchi Paz, Xunta

Neste encontro fixeron balance do labor da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) para fomentar a cooperación de proximidade e anunciaron, tamén, a posibilidade de que a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal supere, nunha nova convocatoria, a cifra de 100 millóns de euros obtida na pasada edición do programa de cooperación transfronteiriza POCTEP, dotado con 190 millóns de axudas FEDER.

Este anuncio é semellante ao que xa fixo o propio Feijóo o pasado 29 de outubro logo dun Consello da Xunta. Entón, o presidente galego era moito máis concreto e ambicioso do que o foi este martes. Así, anunciaba a posta en marcha da estratexia RIS3 transfronteiriza co obxectivo de captar 360 millóns para que, segundo dixo, “a Eurorrexión lidere a innovación no espazo atlántico”. 

Tras o encontro deste martes, Rueda suliñou que a Eurorrexión presentará proxectos "de moita calidade" para conseguir estes fondos que reverterían na creación de "riqueza e emprego" na zona da fronteira e apuntaba que os obxectivos serán a innovación, a mellora da competitividade, a protección do medio ambiente e a procura da eficiencia dos recursos.

Precisamente, Feijóo era moito máis preciso nos obxectivos hai mes e medio. Entón, suliñaba que a enerxía da biomasa e do mar, a competitividade das industrias agroalimentarias e biotecnolóxicas, o desenvolvemento das industrias de biotecnolóxicas, o desenvolvemento das industrias de mobilidade, o impulso da e mobilidade, o impulso da industria 4.0, a innovación nas industrias creativas e turísticas e as solucións avanzadas para a vida saudable son os seis retos compartidos.

Pola súa banda, Emídio Gomes tamén destacou os resultados obtidos durante os últimos anos e, "sobre todo", o traballo desenvolvido en "áreas temáticas" como o turismo, a educación ou o sector téxtil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta