Os servizos de valoración da dependencia alertan de mortes de solicitantes tras atrasos de máis de dous anos

A conselleira de Política Social defende a xestión da Xunta ao reducir a burocracia no trámite de valoración.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2024 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia lamentou un "atraso moi grande" na valoración do grao de dependencia e solicitaron a Política Social a contratación de máis persoal. Así o explicou o coordinador do Colexio, David Gondar, consultado por Europa Press, que detallou que, co novo procedemento de redución da burocracia, hai "un problema" no tempo que tarda a valoración pode chegar "a dous anos".

Por iso, "desde hai moito tempo", propuxeron que se contrate persoal xa que as familias "necesitan que se valore antes". "Non pode ser que unha persoa tarde case dous anos en valorarse. Moitos deles non chegan ao final do proceso porque ou falecen ou as familias teñen que buscar outras solucións", advertiu.

Atención á dependencia
Atención á dependencia | Fonte: Arquivo

A XUNTA DI QUE QUERE DARLLE "MÁIS FACILIDADES" ÁS FAMILIAS

Pola súa banda, a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, consultada este mércores polos medios de comunicación nun acto en Boqueixón (A Coruña), defendeu a xestión da Xunta sobre este tema ao simplificar a burocracia. Neste sentido, declarou que a Xunta o que pretende, ante o "elevado índice de solicitudes", é darlle "cada vez máis facilidade" ás familias.

Ata o momento, continuou, tiñan que cubrir 12 documentos diferentes, envialos á traballadora social e, posteriormente, chegarían á Xunta. "O que pretendemos con este novo decreto é facer un importante traballo de simplificación. De 12 documentos deixámolo soamente en dous documentos: un informe médico e tamén un informe social", detallou.

Con todo, desde o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia remarcaron que esa simplificación non dá os resultados esperados xa que a espera pode chegar aos dous anos. Ante a petición de aumentar o número de traballadores para facer fronte a ese atraso nas solicitudes, a conselleira defendeu que traballan mediante diferentes programas "financiando o persoal dos propios concellos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta