Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 12/09/2024 | Actualizada ás 14:13
A titular do Xulgado de Instrución número dous de Caldas de Reis decretou o ingreso en prisión provisional dun dos arrestados e a posta en liberdade (sen medidas) dos outros tres detidos no marco da operación 'Horda' despregada contra o narcotráfico no Salnés. Segundo informou este xoves o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), todos eles están investigados por un delito contra a saúde pública.
En concreto, catro persoas foron arrestadas o pasado martes tras incautarse sete quilos de cocaína e 10 de haxix nunha operación con rexistros nas localidades pontevedresas de Ribadumia, Caldas de Reis, así como en Monterroso. Fontes próximas á investigación consultadas por Europa Press, detallaron que a operación, denominada Horda, foi levada a cabo por efectivos da Udyco de Pontevedra. No balance provisional, ademais, figura a incautación de 140.000 euros en efectivo, tres vehículos, varios teléfonos móbiles e diversa documentación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.