Un home ferido despois de quedar apreixado nun vehículo agrícola

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar pasadas as 12,30 horas, cando un particular e o 061 avisaron de que o home había resultado ferido

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2024 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia


Un home resultou ferido ao quedar atrapado por unha perna nunha máquina agrícola coa que traballaba este xoves nunha leira no lugar de Santo Antoíño, en Vilamaior da Boullosa, en Baltar.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar pasadas as 12,30 horas, cando un particular e o 061 avisaron de que o home había resultado ferido.

Ao lugar acudiron os bombeiros de Xinzo, que procederon coas tarefas de excarceración, tras o que o implicado foi atendido polos servizos sanitarios, que mobilizaron ao helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Neste operativo, ademais, participou a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Baltar.

Ambulancia do 061 Europa Press
Ambulancia do 061 Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta