Os mariñeiros do cerco pasan a Noiteboa en tendas de campaña

Agardan que no 2016 se resolva a súa situación para lograr un mínimo de cotas para os seus barcos. Acerga, asociación maioritaria, e Cerqueiros Galegos, de nova creación, aproximan posicións.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/12/2015 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

O Nadal dos mariñeiros do cerco non é, este ano, como o da maior parte dos galegos. Un grupo deles pasaron a Noiteboa no campamento que teñen instalado nos xardíns fronte ao edificio central da Xunta en Santiago de Compostela.

Campamento dos mariñeiros do cerco en San Caetano
Campamento dos mariñeiros do cerco en San Caetano | Fonte: cuotaperscador.com

Alí, nas tendas que instalaron hai máis de 60 días en San Caetano para demandar máis cota para o sector, comeron e brindaron por un novo ano que lles traia traballo digno. Algúns deles pasaron a noite acompañados polas súas donas. Neste día de Nadal acudiron os fillos e outros familiares.

A asociación Acerga decidiu manter o campamento fronte á Xunta de Galicia tal e como acordaron en asemblea tras manter esta semana unha reunión coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, e co resto do sector.

Nesta xuntanza, e logo de semanas de negociacións, o sector do cerco logrou achegar posturas por primeira vez en moito tempo para tratar de lograr un mínimo de cota para os barcos novos ou que carecen de históricos.

Actualmente hai posturas enfrontadas dentro do sector. Por unha banda, Cerqueiros Galegos, de recente constitución, defende unha repartición individual e que primen criterios históricos, mentres que Acerga -asociación maioritaria do cerco galego- expón unha repartición de cotas compartido e por tripulante.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Ana

Mariñeiros, gandeiros, parados, traballadores precarios... unanse!. A solidaridade entre todolos galegos fai a forza. A vosa solucion esta na soberania, na saida da UE, na nacionalizacion de sectores estratexicos e en apostar pola democratizacion da economia para garantir traballo e salarios dignos.

1 xaestaben

moito protestan pero despois votanlle ao pp que se aclaren

1 seseses

Ahí ainda non chegou a marea