Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 19/09/2024 | Actualizada ás 19:05
O corpo sen vida de Emérita Nogueira Prejigueiro, a veciña de 73 anos desaparecida desde o martes en Boborás, apareceu este xoves no río.
O Concello solicitara colaboración cidadá a través de redes sociais para atopar á septuaxenaria "canto antes", porque estaba conectada a unha máquina vital.
Os labores de procura, na que participaron veciños e diferentes corpos de seguridade e de emerxencias, como a Garda Civil, Protección Civil de Boborás e o GES de Ribadavia, centráronse en Pereiras, de onde era veciña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.