Novas tensións entre PP e Compostela Aberta polos actos relixiosos

Pilar Rojo insiste na constitucionalidade da confesionalidade e Martiño Noriega defende a necesidade de separar actos relixiosos e civís.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/12/2015 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

Os actos de translación dos restos do Apóstolo este mércores volveron suscitar unha viva polémica entre PP e  Compostela Aberta. Tras a negativa do alcalde da cidade, Martiño Noriega, a acudir a este acto por consideralo relixioso, a presidenta da Cámara galega, Pilar Rojo, que acudiu como delegada rexia, criticouno ao considerar que a a confesionalidade é un feito constitucional.

Pilar Rojo durante os actos de ofrenda ao Apóstolo Santigo
Pilar Rojo durante os actos de ofrenda ao Apóstolo Santigo | Fonte: teinteresa.com

No seu discurso na catedral, Rojo volveu criticar a postura das mareas e reivindicou a "tradición" como o "espírito constitucional". Así, remarcou que "o principio de non confesionalidade, é diferente ao laicisimo, un principio que non contempla a nosa Carta Magna" e insistiu en que todos estamos en débeda co fenómeno xacobeo "que non hai nunca que esquecer, tampouco por parte dos poderes públicos".

Preguntado ao respecto, o alcalde, que se ausentou destes actos, considerou "respectable" esta opinión, pero defendeu a necesidade de diferenciar entre actos relixiosos e civís. Así, reiterou que tanto el como Compostela Aberta cumpriron, "como sempre" coas obrigacións de representación que leva ostentar o goberno municipal de Compostela.

Tamén ironizou con que quizá as palabras de Pilar Rojo ían dirixidas ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, ou o portavoz municipal do PP no Concello, Agustín Hernández, que o pasado ano foi delegado rexio neste acto, xa que tampouco asistiron este mércores á misa solemne celebrada na Catedral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 Ana

Queremos saber mais sobre os Anunnaki, Prisciliano, se Cristo morreu ou non na cruz e se tivo muller e fillos, sobre o emperador Constantino e a orixe da igrexa catolica... en definitiva menos idolatria e mais coñecemento. E por suposto que cada quen se pague a sua relixion. O ensino debe ser laico e debe formar cidadans criticos e potenciar a creatividade.

6 galegoexiliado

Sor Pilar confunde á Constitución có Catecismo. Que non fora o ateo Noruega era de agardar, pero lamentable é que tampouco foron nin o Concejal de Asuntos Religiosos frey Agustín, nin o reconquistador de Galaecia Frey Joi, nin o Presi-en-funciones que prefireu andar de viños por Las Rias Bajas. Pero Sor Pilar, mais papista que Rouco e o Papa, cumpleu co seu papel e mandoulles unha mensaxe aos seus novos compañeiros de Madriz dicíndolles que aí vai una mujer-mujer disposta a cristianizar ateos ainda que sexa a ostias.

1 Gaitas do Nalón

Xenial tío. O de Frey Joi sublime

5 Belsebú

E logo o Nadal? non é festa relixiosa? o Belén que Martiño visitou co concertó de flamenco puro, tampouco? a cabalgata do dia de reis que o concello sufraga, non son celebracións relixiosas? ah claro, coma se celebra tamén a adoración do xato de ouro de consumo capitalista. Se Martiño non quere ir pois moi ben. Tamén se pode ir, non a titulo persoal ou do concello, senon representando e por respecto aos veciños e as tradicións dos que profesan esa relixión. Xa abonda de tanta hipocresía e ir de gardas do tempo das esencias agnósticas, e logo coma ben din nalgures financiar a semana santa e disculparse con baixar a aportación, se a mesma soba foi a que a Yoli incrementou na anterior corporación.

4 Coruñés

O nivelon non dá pra muito. Non son do BNG, ainda que o votei sempre. Non son simplemente porque son crítico con muitas maneiras de proceder e con algunhas das suas analises. Yolanda pode subencionar procesions que non pasa nada, Beiras xantar con Fraga que non pasa nada...e lembrolle a algún que muitas das cousas que se critican do bipartito corresponden a xente que agora está nas mareas. Outra cousa é que tal é como o BNG vive no lamentarse continuo, outros polo que vexo corresponden o mesmo comportamento patolóxico (ese de estar ollando para os outros continuamente). A todo isto parabens a Martiño por non ir aos actos como alcalde. Eu tampouco iría como alcalde. Eu de relixión eu son católico pero non quero impoñerlla a ninguén.

3 xan

Pilar Rojo debérase preocupar máis do terrenal que daquelo que xa ten sentido por si so. Atacar o inimigo so fai visualizar quen é a dor dos seus votos e o mal que o fan.