A Xunta volve comprar arquivo do Correo, no que leva gastado máis de 700.000 euros

A Xunta de Galicia acaba de realizar outro investimento na compra do arquivo de El Correo Gallego. En concreto, a Consellería de Cultura adxudicoulle o 12 de decembro un contrato negociado sen publicidade co obxecto de “adquisición de fondos históricos procedentes da hemeroteca histórica da Editorial Compostela S.A.”.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 05/01/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Segundo a documentación oficial, a Administración Autonómica gastará 50.000 euros máis IVE para facerse cunha “colección de 760.000 fotografías dixitais feitas sobre copias reveladas en papel fotográfico  e 420.000 imaxes dixitais, feitas sobre negativos”. 

Feijóo nunha gala de entrega dos premios Gallegos del Año, organizada polo Grupo Editorial Compostela, matriz de El Correo Gallego
Feijóo nunha gala de entrega dos premios Gallegos del Año, organizada polo Grupo Editorial Compostela, matriz de El Correo Gallego

Editorial Compostela é o único grupo editor que nos últimos anos está ser beneficiado por este tipo de compras de material de arquivo por parte da Cidade da Cultura e da Consellería.

Así, en 2012 Cultura adxudicáballe 130.000 euros máis IVE á editora de El Correo Gallego, Tierras de Santiago, Correo TV e Radio Obradoiro pola entrega doutras 1.168.272 fotografías dixitalizadas e unha colección de prensa escrita, en concreto 43 tomos de el Eco de Santiago.

En 2013 a Fundación Cidade da Cultura destinou 72.000 euros máis IVE na compra de "de fondos históricos procedentes da hemeroteca histórica da Editorial Compostela SA para a Biblioteca de Galicia", en concreto, "412 tomos de El Correo Gallego do 01.08.1878 ao 31.12.1987".

A comezos de 2015, Cultura volveu a comprarlle material do arquivo do xornal para a Cidade da Cultura, neste último caso o contrato -tramitado polo procedemento negociado sen publicidade, como tamén o foron todos os outros- foron 350.000 euros a cambio de exemplares a partir 2011.

É dicir, a Xunta de Galicia leva gastado en tres anos a cifra de 728.420.000 euros en adquirir fondos documentais do grupo de comunicación compostelán.

O Goberno Galego do Partido Popular bota así unha importante man para tratar de salvar a delicada situación do diario da capital de Galicia, cunha liña editorial moi conservadora e nestes intres moi crítica co executivo local de Compostela Aberta. El Correo sufriu estes anos frecuentes impagos aos traballadores e arrastrou débedas tamén co tesouro público. 

De feito, os propios auditores advertiron nas últimas contas que Editorial Compostela estaba nunha situación financeira que podía causar a disolución da empresa, situación que o Consello de Administración acaba de salvar cunha operación accionarial, que implicou a redución do valor dos títulos do grupo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 dtyu

Está ben a compra pero estaría mellor que cargaran mais xornais dixitalizados, que hai moitos na CdC e hai anos que non colgan nada novo.

3 Gamela

Vigo Sitio Distinto // o Arquivo Pacheco durme nunha sala da Casa das Artes con catro ordenadores lentos e anticuados... nin se pode (nin se poderá) consultar en liña ! Outro arquivo fotográfico impresionante e seica dixitalizado (tampouco se pode consultar en liña) é o do Decano da prensa (Faro de Vigo que deus confunda!) ? Eu descoñezo o valor que poda ter o Arquivo do Correo Gallego pero penso que todo o que sexa RECUPERAR A MEMORIA para tódolos galegos é unha boa cousa e ogallá o fixeramos máis a miudo e puxeramos estes arquivos EN LIÑA para que todo o mundo teña acceso a eles! / Lembrades os arquivos do Xornal de Galicia onde foron parar...? Levounos Jacinto Rey no seu disco duro ? E onde andan os arquivos de VIEIROS ? Penso que recuperar estes documentos é boa cousa !!! https://flic.kr/p/pajsAM Máis cartos se gastan en Edificios Baleiros que non serven para nada...!

1 Areal

O museiño ese que o BNG quixo facer en Vigo con base o Arquivo Pacheco —algo así como o Centro Galego da Fotografía— ben se sabe para que mantido se ía a crear. Cousas dun BNG de Vigo que por xestións como esta, quedou no que quedou: desaparecido. Os resultados que hoxendía está a ter o nacionalismo hai que lembrar que veñen do mal que xestionaron moitas das alcaldías que acadaran no seu día. Ferrol e Vigo, sobre todo.

2 galegoexiliado

Con eses cartos da pa mercar duas veces ese xornal, e ainda sobra pa facer un novo e mellor. Dudo eu moito que o arquivo fotográfico do xornal teña ese valor material e istórico que lles atribuen, excepto para o narcisismo de alguns políticos que queren conservar as suas fotos nun arquivo pagado con cartos públicos, que mellor irían á sanidade ou educación (xornalística e fotográfica incluidads) Pero xa sabemos que os nosos políticos sonche moi xenerosos cos cartos das árcas públicas.

1 Memoria Historica

Anda, como o bipartito

1 dfty

Si oh si. Ao Tito, un auténtico sinvergonza, lle deron tres millóns de pavos, tres, por facer que facía.