Temas: CERCO PESCA XUNTA

Comisións Obreiras acusa a Xunta de “falta de decisión política” no conflito do cerco

O sindicato critica a "pasividade" da Consellería de Pesca. As mulleres do cerco toman a palabra e denuncian tamén o abandono que padecen.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/01/2016 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

O sector do Mar de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.) critica a "falta de decisión política" da Xunta de Galicia no conflito do sector do cerco. Ante a grave problemática que padecen os traballadores desde hai meses, e tras máis de 75 días acampados fronte a San Caetano, o sindicato non entende a "pasividade" da Consellaría de Pesca, que contrasta "coa aposta firme" por outras actividades, como a acuicultura.

Campamento dos mariñeiros do cerco en San Caetano
Campamento dos mariñeiros do cerco en San Caetano | Fonte: cuotaperscador.com

CCOO agarda que se produza "canto antes" un cambio de actitude por parte da Consellaría que dirixe Rosa Quintana, pois mantén milleiros de traballadores nunha situación "insostible".

Comisións entende que o Goberno galego —e especialmente Pesca— deben pór "todos os esforzos" en atopar unha solución ao conflito do cerco. O sindicato lembra que do sector depende un gran número de traballadores, para os cales a prolongación da situación de desemprego está a ter un «elevado» custo.

Convocatoria

A semana pasada, CCOO trasladou unha petición á Consellaría, instándoa a convocar tamén os sindicatos ás xuntanzas que se produzan para tratar a situación do cerco. Ata o de agora non houbo resposta oficial, polo que Comisións insiste na súa demanda e tamén en pedir a convocatoria "inmediata" tanto do pleno como da respectiva comisión do Consello Galego de Pesca, como máximo órgano consultivo da comunidade autónoma na materia.

Quenda solidaria das mulleres do cerco

Pola súa banda, as mulleres do cerco sumáronse á acampada que manteñen os homes fronte a San Caetano, onde pasaron a fin de ano logo de máis de setenta días de protesta. As mulleres quéixanse de que a Consellería incumpre por enésima vez as súas promesas.

Temas: CERCO PESCA XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antolini whit gin tonics

Impresionante. Un ano despois CCOO entérase de que hai unha cousa que se chama pesca do cerco.