Temas: ORTIGUEIRA

Polémica pola venda dun illote na Ría de Ortigueira

A illa de San Vicente véndese por 4 millóns de euros, xunto co Pazo de Brandariz, por outros 2,5 millóns. Concello e ecoloxistas instan a Xunta e Goberno central a que fagan un esforzo para que pasen a mans públicas.

Por Galicia Confidencial | Ortigueira | 07/01/2016 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

O illote de San Vicente, na ría de Ortigueira, está á venda por catro millóns de euros. Trátase dunha propiedade privada situada nunha zona de gran valor ambiental e que agora puxo no mercado unha empresa inmobiliaria que, ademais, ofrece a posibilidade de facerse tamén co Pazo de Brandariz, en Santa Marta de Ortigueira, por 2,5 millóns de euros máis.

Illote de San Vicente, na ría de Ortigueira
Illote de San Vicente, na ría de Ortigueira | Fonte: Turismo de Galicia.

O anuncio foi publicado en Aldeasabanadonadas.com, empresa especializada no mercado financeiro, inmobiliario e na xestión de patrimonio. En concreto, o reclamo di:

Magnífica Isla de forma ovalada con playas de suaves pendientes y bellos acantilados.

Características.

En esta propiedad hay ruinas de una casa de labor, cuadras y antiguos restos de murallas datadas de la época de los Templarios.

Anuncio de venda do illote de San Vicente.
Anuncio de venda do illote de San Vicente.

En el interior de la Isla hay zona de pastos, arbustivos y un bosque de eucaliptos y pinos.

M2 de la Isla. 57.088 M2.

Precio: 4 mill de €

Opcional Pazo por 2,5 mill de €

Total conjunto infórmese.

A identidade do propietario do illote mantense en segredo e a empresa inmobiliaria asegura que xa recibiu varias chamadas tanto de España como do estranxeiro, segundo informa Economía Digital.

O anuncio xa xerou unha corrente de críticas e de preocupación, xa que se trata dun illote que forma parte dunha Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e un Lugar de Interese Comunitario (LIC) que obrigan a preservala. O feito é que o Concello de Ortigueira quere que San Vicente pase a ser de todos os veciños, pero considera inasumible o pago dos catro millóns de euros que reclama o seu anónimo propietario, xa que o seu prezo, máis o do pazo, suman practicamente o orzamento anual deste Concello, que agarda que tanto a Xunta de Galicia como o Goberno central se comprometan a traballar conxuntamente para recuperar o illote e o pazo para que pasen a mans públicas.

Pola súa banda, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) tamén insta as administracións públicas a que se comprometan a recuperar o illote polo seu alto valor ambiental e histórico, para garantir a súa conservación, segundo recolle Economía Digital.

Temas: ORTIGUEIRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 eusi

Asombra a rapidez con que se expropian as leiras e bens dos cidadáns para as autoestradas de xestión privada, embora cando é para un uso cidadán aqui non se move un pelo, a non ser que se poda tirar unha boa tallada: aí aparecen todos os políticos que fagan falta!

1 Gamela

Supoño que unha consulta no Catastro identificaria ao "propietario" non vai ser que atopemos algo máis sustancioso (?) Pero xa está ben de seguir a vender ILLAS coma se estivésemos na Idade Media... Algúns sabemos que as mentiras pódense manter ao longo dos anos coma se nada... Toralla segue sendo PRIVADA cando a lei de costas leva nin se sabe o tempo diciendo xustamente o contrario pero eles seguen ERRE que ERRE e mira que pasaron Concellos e ningún foi quen de ABRIR Toralla á Cidadanía !!! https://flic.kr/p/vQcy8E // Que nos vos rouben o Illote de San Vicente !!! ORTIGUEIRA é algo máis cun festival celta ou non ???

1 xilgaro II

Unha consulta no catastro probablemente amosaria que esta a nome dunha sociedade pantalla ou dunha fundacion descoñecida. A xente con cartos non ten barco, casa nen coche... esta todo a nome de sociedades.