Temas: COMISIóNS

As fotos que retratan unha cidade e un país

A sede da USC acolle unha mostra que relata en imaxes os feitos máis importantes do pasado ano a través das fotos de Xoán Soler, Álvaro Ballesteros, Sandra Alonso e Merce Ares. Á súa inauguración acudirán conselleiros, o rector e o alcalde de Santiago, entre outros.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/01/2016 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Rematou o 2015, pero non o que trouxo e o que deixou. Por iso, como se fai xa desde hai 18 anos, a USC inaugura unha nova mostra do que foi o pasado ano en imaxes. E faino baixo o prisma das mellores fotos de Xoán Soler, Álvaro Ballesteros, Sandra Alonso e Merce Ares, todos eles fotógrafos da Delegación de Santiago de La Voz de Galicia.

O Hostal dos Reis Católicos acolleu a velada na que se entragaron as estrelas Michelin
O Hostal dos Reis Católicos acolleu a velada na que se entragaron as estrelas Michelin | Fonte: Xoán Soler, La Voz de Galicia

Un total de 59 instantáneas dan conta do conflito leiteiro e da tractorada que ocupou Compostela, dos xuízos polo caso Asunto ou do Códice Calixtino, das eleccións municipais e o cambio de goberno, de diversas protestas, eventos deportivos de alcance ou incendios forestais, entre moitos temas.

‘Un ano de Voz’ poderá visitarse ata o 13 de febreiro de luns a sábado en horario de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 20.30 h. A mostra está organizada por La Voz de Galicia e conta co patrocinio da Universidade de Santiago, a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e o Concello.

Por iso, na súa inauguración, este martes, non faltarán destacados dirixentes políticos e académicos, entre eles, o reitor da USC Juan Viaño, do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o director de La Voz de Galicia, José Luís Vilela; e a valedora do Pobo, Milagros Otero, entre outros.

Vence e Callón reparten leite aos maiñeiros do cerco acampados en San Caetano durante a campaña das pasadas xerais
Vence e Callón reparten leite aos maiñeiros do cerco acampados en San Caetano durante a campaña das pasadas xerais | Fonte: Xoan Soler, La Voz de Galicia
Temas: COMISIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta