Remata a tractorada dos gandeiros en Lugo tras as presións do Goberno central

Logo dun mes de protestas con centos de vehículos rodeando a muralla romana, os gandeiros decidiron poñer fin á protesta logo de que a Subdelegación do Goberno os obrigara a levantar parte do seu bloqueo.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 14/01/2016 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

O colectivo Agromuralla acaba de poñer fin a unha tractorada que duraba xa máis dun mes. A decisión da Subdelegación de Goberno de obrigar aos gandeiros a retirar boa parte dos tractores que rodeaban a muralla romana pesou máis da conta na súa decisión. Esa resolución establece que os tractores deben ser colocados un detrás doutro, de maneira que formen unha fileira ao redor da histórica muralla romana e queden libres "en todo momento" dous carrís para a circulación de vehículos, así como expeditos os accesos e saídas ao centro histórico da cidade.

Os tractores rodean a Muralla de Lugo
Os tractores rodean a Muralla de Lugo | Fonte: Iria Palacios

"Deste xeito deixa prácticamente sen efecto a presión que estabamos a exercer", manifestan dirixentes do colectivo Agromuralla, que foi o impulsor destas protestas. Os gandeiros volveron levar os seus tractores ao centro de Lugo como medida de presión polos baixos prezos que perciben pola venda de leite.

Os gandeiros chegaron á conclusión de que a posibilidade de recorrer a decisión da Subdelegación ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia era "inviable", porque tiñan "todas as perder".

Por iso, están a redactar un escrito para responder os argumentos esgrimidos pola Subdelegación do Goberno, en base ás queixas da CEL, a Federación de Comercio e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría da cidade.

Tractorada pola defensa do sector leiteiro en Chantada
Tractorada pola defensa do sector leiteiro en Chantada | Fonte: Galiza Foto Flickr
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta