Vence aposta por ser “atrevido” nas Autonómicas para superar os problemas actuais do BNG

Nunha misiva aos militantes á que tivo aceso GC, anima a debater sobre o futuro da formación frontista; ir en solitario ou en coaligación nas vindeiras autonómicas e lembra que “as solucións que xa se comprobaron reiteradamente que non funcionan é moi probábel que tampouco funcionen no futuro”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 14/01/2016 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

O debate aberto no BNG logo da contundente derrota electoral da fronte nacionalista nas xerais faise cada vez máis aberto e participativo. O seu portavoz nacional, Xavier Vence, é un dos principais dirixentes que aposta pola confluencia con outras forzas no vindeiro escenario electoral; as autonómicas galegas. Unha postura na que coincide o colectivo Abrente pero que choca frontalmente coa postura dos dous únicos partidos organizados que quedan no BNG; a UPG, o partido dominante do Bloque tras a excisión de Amio e unha pequena excisión deste, o Movemento Galego ao Socialismo.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

Nunha misiva remitida aos militantes, e á que tivo acceso GC, Vence ínstaos a debater sobre o futuro da organización frontista. Un debate que se está dando en distintas asembleas comarcais e que se pechará cunha asemblea nacional o vindeiro 28 de febreiro. Precisamente, o líder do BNG refírese a estas reflexións e di que “nestas semanas xa están tendo lugar debates sobre algúns aspectos nos diferentes órganos da nosa organización. Estanse a dar con serenidade, fraternidade e compañeirismo sabendo que tod@s queremos o mellor para o futuro deste proxecto e para que sexa útil a este país e a maioría social”.

Sen embargo, tamén fai o seu propio diagnóstico. “Vós sabedes ben que non se resolven os problemas que non se formulan. Tamén sabedes que as solucións que xa comprobamos reiteradamente que non funcionan é moi probábel que tampouco funcionen no futuro”, sinala. Por iso, aposta por “ser, necesariamente, atrevid@s e criativ@s” para “superar as rutinas e poñer moita atención naquilo que di a nosa contorna, as persoas que sempre nos apoiaron, @s que sempre quixeron a este país, @s que dun xeito ou outro loitan por mudalo”.

Vence fala públicamente das dúas opcións que se están debatendo nestas xuntanzas; ou unha confluencia con outras formacións, nomeadamente, coas mareas e outros colectivos nacionalistas nas vindeiras autonómicas, ou concorrer en solitario. “As diferentes propostas que se están formulando parten do obxectivo común partillado de manter e reforzar o proxecto nacionalista autónomo que representa o BNG”, aclara.

Manter a "autonomía" do BNG

E é que o líder nacionalista insiste que, sexa cal for a fórmula de concorrencia ás eleccións –en solitario ou en coaligazón-, “en todas as propostas que están enriba da mesa colócase como requisito preservar a autonomía do proxecto estratéxico do BNG e todas teñen como obxectivo reforzar a capacidade orgánica e política do BNG”.

Xaveir Vence, líder do BNG
Xaveir Vence, líder do BNG

“Podemos discrepar en cal é a vía máis acertada para conseguir eses obxectivos, pero os obxectivos son comúns. Canto máis persoais, auténticas e guiadas polas pulsións da base social sexan as nosas aportacións máis probabilidade teremos de acertar”, indica. Por iso, anima aos militantes a participar en todo este período debate ata finais de febreiro.

Esta misiva, a diferencia das outras, asinadas polo secretario de Organización da Executiva, Bieito Lobeira, está asinada polo propio voceiro nacional do BNG, Vence. Unha decisión que,  segundo as fontes consultadas, pon enriba da mesa o difícil que está sendo o debate sobre o futuro do BNG.

Con todo, as posturas están moi encontradas porque o sector máis duro da UPG insiste en concorrer en solitario e vería como un “fracaso e unha afronta” pactar con “sectores españoleiros”, en alusión, principalmente, a Podemos, partido ao que criticaron e aínda critican duramente. Polo momento, este sector, estase impoñendo nos debates comarcais, a pesar de que hai voces máis moderadas dentro do partido de Francisco Rodríguez, que tamén se decantan por unha confluencia electoral.

Nós-Candidatura Galega, a marca coa que o Bloque se presentou ás xerais nas pasadas eleccións xerais xunto con outras formacións minoritarias acadou pouco máis de 70.000 votos, o que provocou que perdera os dous escanos que tiña no Congreso. Non conseguiu superar a barreira do 5% en ningunha das provincias. Un resultado que, de repetirse nas autonómicas, provocaría tamén a súa desaparición da Cámara galega, algo que non aconteceu nunca nos seus 34 anos de vida.

Podes ler a misiva aquí.

Xavier Vence (dereita), portavoz do BNG, na manifestación do 1º de maio en Vigo
Xavier Vence (dereita), portavoz do BNG, na manifestación do 1º de maio en Vigo | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

17 Gamela

16 Anxo Castro

Hai moito Ex trepa do BNG enfermo... Volve Muncharaz...!!

1 Ida fod

Muncharaz, psiquiatra, foi na lista UPNG no 85 as autonómicas. Que diagnostico teria feito de Paco que tantos diagnósticos fixo das suas víctimas para liquidalas socialmente?

15 eueu

Uau! Que afouteza e valentía! Que demostración de intelixencia revolverse unha e outra vez para non facer nada. Mentres os perdedores seguen aí no postiño, pedindo aos demais responsabilidades. Desgraza de país e unineuronais que os aguantan

14 Mareante

¿A sí, berenjenos? ¿Agora que periga o chopiño é cando queredes ir cas Mareas, eh? ¿E se agora son as Mareas as que din que NON, qué?

13 adeu espanya

o bloque ten que sacar a bandeira coa extreliña deixala sen ela, o bloque ten que deixar a independencia e facer un nacionalismo de centro como fixeron en cataluña facer o nacionalismo interesante e por suposto teria que facer como o pp empezar a enchufar a xente a diestro e siniestro e asi gañarian algo porque o fraga xa o sabia o pobo galego vendese por un plato de lentellas