Falece o segundo traballador que resultou ferido o pasado xoves nun estaleiro de Ferrol

O pasado venres tamén morreu o outro operario que resultou moi grave no estaleiro de Blasar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2024 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

Dous traballadores mortos en menos dunha semana. Este luns, 7 de outubro, faleceu o segundo operario que resultou ferido o pasado xoves, día 3, nun accidente laboral acontecido no estaleiro Blasar da Graña, en Ferrol.

Xa o pasado venres morreu o outro operario que resultou gravemente ferido o incidente acontecido o día anterior. O suceso produciuse á primeira hora da tarde do 3 de outubro, sobre as 15,30 horas, transcendendo nun primeiro momento que o mono de traballo de ambos acabou prendendo lume, tras entrar en contacto cun líquido mentres traballaban no interior dunha adega dun buque que estaban a reparar.

Nun primeiro momento, ambos foron trasladados ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol e derivados desde alí ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), debido á gravidade das súas feridas, onde ambos acabaron por falecer.

En paralelo, as autoridades teñen aberta unha investigación para clarificar as causas deste accidente laboral que supuxo a morte destes dous operarios.

Proceso de construción dos buques AOR para a Armada australiana nos estaleiros de Navantia Ferrol. NAVANTIA  - Arquivo
Proceso de construción dos buques AOR para a Armada australiana nos estaleiros de Navantia Ferrol. NAVANTIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta