Recollen a memoria colectiva das fábricas de sardiñas de Cee e Dumbría

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2024 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

O historiador Santi Llovo presentou hai uns días a obra 'A salga en Cee e Dumbría', na que recolle a memoria colectiva da salgadura e as fábricas de sardiñas da zona. A actividade de salgadura era un centro empresarial e familiar nestas zonas, que contan cun patrimonio histórico mariñeiro preindustrial desenvolvido ao redor das fábricas de sardiñas da comarca de Fisterra.

Llovo válese de material que permanecía oculto en arquivos públicos e recolle para o futuro as vivencias e recordos dos maiores, de forma que pon nomes e apelidos á etnografía industrial desta actividade. Neste territorio chegou a haber unha vintena de fábricas de sardiña e un número indeterminado de pequeno tamaño, de todas as cales quedan poucos vestixios.

Mulleres nunha fábrica de conservas
Mulleres nunha fábrica de conservas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta