Piden que se amplíen as prazas de lingua portuguesa en 2016

A Asociación de Docentes de Portugués di que, a pesar de duplicarse o número de estudanes, a Xunta evita convocar novas prazas de docencia desta lingua.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 16/01/2016 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A Asociación de Docentes de Portugués (ADP) en Galicia, xunto a varios sindicatos, queren que se amplíen o número de prazas de lingua portuguesa nas oposicións que se convocan en 2016.

Estudantes nunha clase de portugués
Estudantes nunha clase de portugués | Fonte: blog.esl-idiomas.com

Así llelo fixeron saber ao Director Xeral da Educación, Manuel Corredoira, nunha xuntanza que tivo lugar este venres e no que lle lembraron que o alunado de lingua portuguesa aumentou considerabelmente, pasando de 861 o ano 2014 a 1841 en 2015.

O portugués, din, está de moda, pero esta tendencia non está acompañada pola provisión de postos de traballo. "E é que o número de prazas de especialistas de portugués é actualmente é cero", denuncian.  "Estas prazas son cubertas por profesorado do centro que conte con horas libres que se poida encargar de lecionar esa disciplina, feito que non garante a continuidade os anos posteriores", critica a ADP.

Neste sentido, acusa aos populares de "desídia" por non poñer en marcha ningún tipo de iniciativa despois da aprobación por unanimidade no parlamento, hai case dous anos, da Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonia. Situación que contrasta coa realidade doutras comunidades do estado, como a Extremadura, onde se potencia o estudo desta lingua.

Esta petición non é nova. Hai cinco anos fíxose outra similar para a convocatoria de prazas de portugués como segunda lingua, pero tampouco daquela foi atendida pola Xunta.

En relación a isto, o sindicato CNT reclama a convocatória de oposicións como medida de garantir a estabilidade laboral e a calidade do ensino, así como o establecemento dunha lista de substitucións propia de persoal especialista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 KPBX

Que vaían a Portugal, só está uns km ó sur. Aquí en Galicia, os recursos son pra o galego.

1 Freixo

Nojo de espanholistas racistas...

1 Españolistas dades noxo

Non vaia ser que os galegos nos deamos de conta do útil que é a nosa lingua propia! Esto é o que pasa cando se lexisla nacionalismo español no canto de pensar na xente.

1 d2mZ

Non sei se sabe, pero a "nosa lingua propia" non é o portugués.

2 Españolistas dades noxo

A nosa lingua propia é moi diferente do portugués, debe ser que o portugués é de marte e nós somos de venus. As tonterías que ten que oír un polo auto-odio dos galegos, en fin.

3 lusoilusos

Claro que é diferente, porque os lusismos que metedes non os usa ninguén, nin o portugués triunfará en Galicia.

4 pkNN

Noxo é o que dades vos, ide o voso pais portugués, se non vos gusta Galicia.